Rubus

xénero de plantas From Wikipedia, the free encyclopedia

Rubus
Remove ads

O xénero Rubus acolle a especies de plantas pertencentes á familia das rosáceas, subfamilia Rosoideae. A silveira e o framboeseiro pertencen a este xénero.

Datos rápidos Clasificación taxonómica, Reino ...
Thumb
Rubus caesius
Remove ads

Descrición botánica

As especies do xénero Rubus caracterízanse por posuír talos espiñentos como as roseiras e a miúdo se lles chama silvas; aínda que o nome é máis frecuentemente utilizado para a especie Rubus ulmifolius (a verdadeira silva ou silveira) e especies similares coma Rubus fruticosus, que teñen hábitos rubideiros, e non para o framboeseiro que posúe talos erectos. Os seus froitos (amoras e framboesas), encádranse popularmente nos chamados froitos do bosque; botanicamente malia agruparse coma bagas non o son. Os froitos son carnosos e están formados por numerosas drupas miudiñas (polidrupa) unidas entre si.

Remove ads

Especies

Artigo principal: Especies de Rubus.

Algunhas das especies máis coñecidas do xénero:

  • Rubus caesius
  • Rubus idaeus: framboeseiro común
  • Rubus chamaemorus: silveira boreal
  • Rubus fruticosus: silveira brava
  • Rubus glaucus: silveira andina
  • Rubus loganobaccus: silveira de Logan (híbrido natural entre framboeseiro e silveira)
  • Rubus phoenicolasius: framboeseiro xaponés
  • Rubus spectabilis: silveira laranxa
  • Rubus ulmifolius: silveira de follas de umeiro
Remove ads

Véxase tamén

Outros artigos

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads