Ruby Dee
actriz estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Ruby Dee, nada en Cleveland (Ohio) o 27 de outubro de 1922 e finada en New Rochelle (Nova York) o 11 de xuño de 2014, foi unha actriz, poeta, dramaturga, guionista, xornalista e activista polos dereitos civís estadounidense.[1]
Dee estivo casada con Ossie Davis, co que traballou frecuentemente ata a morte del en 2005.[2]
Remove ads
Traxectoria
Dee naceu en Cleveland, Ohio,[3] filla de Gladys (de solteira Hightower) e de Marshall Edward Nathaniel Wallace, cociñeiro, camareiro e porteiro.[4] Despois de que a nai abandonase a familia, o pai volveu casar, con Emma Amelia Benson, mestra de escola.[5][6][7][8]
Dee creceu en Harlem, Nova York.[9] Antes de asistir á Hunter College High School, estudou nas escolas públicas 119 e 136.[10] Posteriormente graduouse no Hunter College cun grao en linguas románicas en 1945.[11] Foi membro de Delta Sigma Theta.[12]
Dee uniuse ao American Negro Theatre como aprendiz e traballou con Sidney Poitier, Harry Belafonte e Hilda Simms.[11] Fixo varias aparicións en Broadway, como o seu primeiro papel nunha produción de 1946 de Anna Lucasta.[13] O seu primeiro papel na pantalla foi en That Man of Mine ese mesmo ano, e recibiu recoñecemento nacional polo seu papel no filme de 1950 The Jackie Robinson Story.[9] En 1965, Dee actuou en papeis principais no American Shakespeare Festival como Kate en The Taming of the Shrew e como Cordelia en O rei Lear, converténdose na primeira actriz negra nun papel protagonista nese festival. A súa carreira interpretativa cubriu todos os medios durante oito décadas, incluídos os filmes A Raisin in the Sun, en que recreou o papel que interpretou no teatro, e Edge of the City, ambos con Poitier.[11]
Dee foi candidata a oito premios Emmy, e gañou un polo seu papel no telefilme de 1990 Decoration Day.[14] Tamén foi candidata pola aparición nun episodio de China Beach, "Skylark", en que tamén actuaba o seu marido Ossie Davis. Tamén participou nos filmes de Spike Lee Do the Right Thing e Jungle Fever.[9]
En 1995, Dee e Davis recibiron a National Medal of Arts.[15] Tamén se lles outorgaron os Kennedy Center Honors en 2004. En 2007 compartiron o Grammy ao mellor álbum falado por With Ossie and Ruby: In This Life Together co expresidente Jimmy Carter.[11][16]
Remove ads
Filmografía
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads