Ruby Payne-Scott

From Wikipedia, the free encyclopedia

Ruby Payne-Scott
Remove ads

Ruby Payne-Scott, nada en Grafton (Nova Gales do Sur) o 28 de maio de 1912 e finada en Mortdale o 25 de maio de 1981, foi unha astrofísica australiana, fundadora das ramas da radioastronomía e da radiofísica.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Payne- Scott, filla de Cyril Payne- Scott e Amy Neale, mudouse a Sídney para vivir coa súa tía e asistiu á Escola Primaria Pública Penrith de 1921 to 1924.[1] Completou a súa escola secundaria na Sydney Girls High School.​ O seu diploma escolar contén notas destacadas en matemática e botánica.

Obtivo dúas bolsas para cursar estudos na Universidade de Sídney, onde estudou física, química, matemática e botánica.[2] Obtivo un grao en física en 1933, e un máster en física en 1936,e un Diploma de educación en 1938.[3]

Carreira

En 1936 dirixiu investigacións xunto a William H. Love no Laboratorio de Investigación do Cancro na Universidade de Sídney. Probaron que o magnetismo terrestre ten escasa ou nula incidencia nos procesos vitais dos seres vivos a partir de someter a embrións de pito a campos magnéticos 5.000 veces máis potentes. Tempo atrás existía unha estendida crenza de que os campos magnéticos terrestres tiñan importantes efectos sobre os seres humanos, e moitas persoas só durmían coa súa cabeza apuntando ao norte e o corpo paralelo ao meridiano magnético.[4]

A súa carreira alcanzou a súa cúspide mentres traballaba para o Commonwealth Scientific and Industrial Research Organisation (naquela época chamado CSIR, agora coñecido como CSIRO), do goberno de Australia, en Dover Heights, Hornsby e especialmente en Potts Hill ( Sídney).

Algunhas das súas contribucións fundamentais á radioastronomía solar foron o descubrimento das explosións Tipo I e Tipo III, participando nas de Tipo II e IV. Tamén na determinación da posición e tamaño angular dunha explosión solar por medio dun interferómetro.[5] As súas observacións confirmaron que as intensas emisións de radio explosivas se xeraban nas manchas solares.

Por outra banda, deseñou e construíu un novo interferómetro lóbulo que podería deseñar un mapa da forza e polarización das emisións de radio solar unha vez por segundo, e rexistraría automaticamente nunha cámara dunha película ao se chegar a unha certa intensidade nas emisións.

Desenvolveu a tecnoloxía do radar e traballou na detección de avións na segunda guerra mundial, así coma noutros campos da física.

A lei dicía que as mulleres casadas non podían ter un posto permanente no servizo público, malia isto, ela seguiu traballando tras o seu casamento. Cando se soubo, perdeu o seu posto e, finalmente, renunciou cando quedou embarazada do seu fillo. Ruby foi unha firme defensora dos dereitos das mulleres.

A pesar de todo, non foi galardoada polas súas contribucións ás ciencias.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads