Rumble Fish
filme de 1983 dirixido por Francis Ford Coppola From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Rumble Fish é un filme estadounidense de 1983 dirixido por Francis Ford Coppola. Participou no Festival Internacional de Cinema de Donostia, onde obtivo a Cuncha de Ouro ao mellor filme.
Remove ads
Características
A película está baseada na novela homónima da autora adolescente Susan E. Hinton. Apenas uns meses antes sorprendera a Hinton o éxito de Rebeldes[1] (The Outsiders), tamén levada á gran pantalla por Coppola no mesmo ano de 1983.
Rumble Fish foi cualificada polo propio director como “de arte e ensaio para adolescentes[2]”. Tivo unha mala acollida comercial[3][4] nos Estados Unidos que contrastou co éxito, tanto de crítica como de portelo, nas salas europeas.
Remove ads
Sinopse
A banda de Rusty James (Matt Dillon) vese envolvida nunha pelexa coa banda rival. No momento de maior violencia da lea aparece “The Motorcycle Boy” (Mickey Rourke), o irmán máis vello de Rusty James que se convertera en lenda marxinal, en realidade un decadente heroe aborrecido da vida ao que Rusty James quere desesperadamente imitarse. Tras o rescate do irmán vemos vagar as personaxes, sen aparente saída, por escenarios de drogadicción, abandono e delincuencia.
Remove ads
Significación
A aposta da crítica pola perdurabilidade de Rumble Fish apunta en varias direccións[5][6][7][8]: o virtuosismo de certas escenas, o uso dramático do branco e negro e das incrustacións de imaxes en cor, a banda sonora (Stewart Copeland) e especialmente as reflexións sociais ou filosóficas -sobre a familia, sobre a miseria, sobre o tempo, sobre os modelos heroicos...-, por veces tinguidas de ironía.
Rumble Fish supón un achado de actrices -Diane Lane- e de novos actores –daquela érano Matt Dillon e Mickey Rourke e na lista figura, por exemplo, Nicolas Cage-. Tense destacado tamén o papel dos secundarios, algún habitual das preferencias coppolianas (Dennis Hopper) e outros coma Tom Waits.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads