Rutenia

Rexión e termo From Wikipedia, the free encyclopedia

Rutenia
Remove ads

Rutenia é un exónimo actualmente utilizado para nomear á rexión onde viven os rutenos (eslavos orientais).

Datos rápidos Localización ...
Thumb
León ruteno, que foi usado como escudo representativo de Rutenia durante o Concilio de Constanza no século XV

Actualmente encóntrase dividida entre varios estados. No presente adoitan chamarse "rutenos" aos ucraínos occidentais e, en moitos casos, aos ucraínos que, en lugar de seguir a fe da Igrexa ortodoxa, pertenecen á Igrexa católica rutena ou á Igrexa greco-católica ucraína, dúas Igrexas orientais católicas presentes na actual Ucraína.[1]

Orixinariamente foi utilizado no latín medieval como unha das varias designacións para as rexións dos eslavos orientais e ortodoxos orientais, e un arcaísmo utilizado para a designación das terras da Rús (en antigo eslavo oriental: Рѹ́сь / Rus e Рѹ́сьскаѧ землѧ / Rús'kaya zemlyá, grego antigo: Ῥωσία, latín: Rusia, Ruscia, Ruzzia).[2][3]

Esta variante, que se remonta ao antigo nome da tribo celta dos rutenos (latín: ruteni),[4][5] foi trasladada polos cronistas de Europa occidental a Rusia debido á súa consonancia. A antiga terra da Rús foi gobernada pola Dinastía Rurícovich.

O último dos Rurícovich gobernou como tsar de Rusia no século XVI.[6]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads