Símbolos de Christoffel
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
En matemáticas e física, os símbolos de Christoffel, así nomeados por Elwin Bruno Christoffel (1829 - 1900), son expresións en coordenadas espaciais empregadas para describir unha conexión sobre unha variedade. Principalmente son usadas para describir a conexión de Levi-Civita derivada do tensor métrico dunha variedade riemanniana ou pseudo-riemanniana. É moi habitual empregar os símbolos de Christoffel cando se fan cálculos teóricos que implican xeometría. Ademais, a notación formal (sen índices) para a conexión de Levi-Civita, é elegante e permite que os teoremas sexan establecidos dun modo breve, pero resultan pouco prácticos, en xeral, para realizar cálculos.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2016.) |
Os símbolos de Christoffel úsanse para realizar cálculos en coordenadas. Por exemplo, para derivación (covariante) de vectores ou tensores en xeral. En particular, o tensor de curvatura (riemanniano) pode expresarse en termos dos símbolos de Christoffel e das súas primeiras derivadas parciais.
En relatividade xeral, as conexións xogan un papel nos campos de forzas gravitacionais onde o potencial gravitacional actúa como tensor métrico.
Remove ads
Definición
Sexa unha variedade diferenciable cunha conexión e sexan coordenadas locais en . Se denotamos a derivada parcial na dirección de por , definimos os símbolos de Christoffel da conexión como as funcións tales que
.[1]
Ademais esta definición é independente do criterio de singo que se elixa para a curvatura.
Remove ads
Xeometría riemanniana (e pseudo-riemanniana)
Sexa unha variedade (pseudo-)riemanniana e sexan unhas coordenadas locais de . Así, o tensor métrico exprésase en coordenadas como.
Definimos os símbolos de Christoffel de primeira especie en por:
A partir dos anteriores, definimos os símbolos de Christoffel de segunda especie por:
Deste xeito, verifícase que , onde denota a conexión de Levi-Civita de .
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads