SARAL

From Wikipedia, the free encyclopedia

SARAL
Remove ads

SARAL, acrónimo de Satellite with ARgos and ALtika, é un satélite artificial colaboración do CNES francés e o ISRO indio lanzado o 25 de febreiro de 2013 mediante un foguete PSLV-CA desde o Centro Espacial Satish Dhawan.[2][3][4]

Datos rápidos Tipo, Organización ...
Remove ads

Características

A misión de SARAL era complementar ao satélite Jason 2 mediante a realización de medicións altimétricas. Os seus obxectivos eran:[2][3][4]

  • Facer medicións precisas e globais da altura da superficie mariña, altura das ondas e a velocidade do vento para mellorar os modelos climáticos, mellorar as predicións meteorolóxicas e facer estudos oceanográficos.
  • Asegurar a continuidade da obtención de datos altimétricos globais comezada con Jason 1 e Envisat.
  • Formar parte dun sistema global de observación oceánica.

SARAL, de 346 kg de masa, leva a bordo dous instrumentos: o altímetro AltiKa de alta resolución, traballando en banda Ka (a 35 GHz), que tamén fai medicións radiométricas; e o sistema Doris de orbitografía de precisión xunto cun retrorreflector láser.[2][3][4]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads