SCORM

estándar para a aprendizaxe en liña From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

SCORM (do inglés: Sharable Content Object Reference Model; en galego: Modelo de referencia para obxectos de contido compartibles) é un conxunto de estándares e especificacións que permite crear obxectos pedagóxicos estruturados, co obxectivo fundamental de facilitar a portabilidade dos contidos de aprendizaxe para poder compartilos e reusalos. Pode definirse tamén coma un conxunto de obxectos de aprendizaxe empaquetados e estruturados como material web baixo un estándar aberto que permite importar, reutilizar e compartir contidos.[1][2]

Datos rápidos Identificadores, Freebase ...

A fin deste modelo é distribuír contidos en liña para simplificar a transmisión de contidos entre sistemas de xestión da aprendizaxe.

Os paquetes SCORM conteñen:[3]

  1. Metadatos que estruturan os contidos.
  2. Obxectos de aprendizaxe de todo tipo.
  3. API Javascript que permite a interacción cos contidos.
Remove ads

Historia

SCORM ten as súas orixe no ano 1999, nos laboratorios de Advanced Distributed Learning (ADL), creados polo Departamento da Defensa dos Estados Unidos de América. Este centro retomou parte doutras iniciativas anteriores na incipiente industria da formación en liña, compilándoas e mellorándoas, creando un novo modelo de referencia. As especificacións fan posible que quen traballe con elas (sexa ou non unha especialista) poida crear e empaquetar os seus contidos para logo reproducilos en calquera sistema de xestión da aprendizaxe compatible con SCORM.

En xaneiro de 2000, SCORM entrou nunha etapa de probas coa versión 1.0. Os participantes e colaboradores da comunidade ADL formularon unha serie de inquedanzas e cuestións que impulsaron a rápida aparición da versión 1.1.[4] En outubro de 2001, apareceu a versión 1.2, unha das máis empregadas nas plataformas de e-learning.

Posteriormente, xurdiu SCORM 2004 (tamén coñecido como versión 1.3), que conta con varias edicións. A súa intención era corrixir algunhas deficiencias da versión anterior, sobre todo no referente ás posibilidades de secuenciación e navegación nos contidos.[5]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads