SEOSAT-Ingenio
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O SEOSAT-Ingenio (acrónimo de Spanish Earth Observation Satellite) é un satélite artificial español de imaxes terrestres de alta resolución.
Características
Está liderado polo CDTI e o Ministerio de Ciencia e Innovación, requirindo a súa posta en órbita unha colaboración internacional. Unha vez en órbita, terá propulsión independente durante os dez anos que se espera de vida operativa grazas a 80 kg de hidracina.
A resolución da súa cámara 2,5 m, e cada tres días sobrevoará calquera punto da superficie terrestre, axudando a mapear desastres naturais. Seguirá unha órbita heliosíncrona a uns 670 km de altura.
Ten unha masa duns 830 kg.[1]
Remove ads
Historial
Foi lanzado pola Axencia Espacial Europea a bordo dunha lanzadeira VEGA[1] o 16 de novembro de 2020 dende a Güiana Francesa, en conxunto co satélite francés Taranis do CNES,[2] despois de ser atrasado en sucesivas ocasións.[3][4]
Ós oito minutos do lanzamento foi identificado un erro na súa traxectoria, dando lugar á perda da misión.[5]
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads