STS-35
misión do transbordador espacial Columbia From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
STS-35 foi unha misión do transbordador espacial Columbia lanzada o 2 de decembro de 1990 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
Remove ads
Características
STS-35, con sete astronautas a bordo (Vance Brand, Guy Gardner, Jeffrey Hoffman, John Lounge e Robert Parker), foi lanzada para facer observacións astronómicas mediante o observatorio ultravioleta Astro 1 aloxado na bodega de carga. A tripulación tamén realizou varios experimentos a bordo.[3][5][6][7]
O observatorio Astro 1 estaba formado por catro telescopios: o Telescopio Ultravioleta Hopkins (HUT), o experimento fotopolarímetro ultravioleta Wisconsin (WUPPE), o telescopio de imaxe ultravioleta (UIT) e o telescopio de banda ancha en raios X (BBXRT). Entro os experimentos secundarios estaban o experimento de radioafeccionado 2 (SAREX-2) e o experimento AMOS.[3][5][6][7]
O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 11 de decembro de 1990.[3][5][6][7]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads