SURFSAT-1

From Wikipedia, the free encyclopedia

SURFSAT-1
Remove ads

SURFSAT-1, acrónimo de Summer Undergraduate Research Fellowship SATellite, foi un satélite estadounidense lanzado como carga secundaria nun Delta 7920 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea o 4 de novembro de 1995.[2][3][5][6]

Datos rápidos Tipo, Organización ...
Remove ads

Características

SURFSAT-1 foi construído por estudantes e polo JPL para apoiar experimentos feitos coa Rede do Espazo Profundo da NASA. Foi deseñado para imitar sinais de naves interplanetarias e radiar nas bandas X, Ku e Ka e permitir facer prácticas ao persoal das estacións de escoita.[3][5][6]

A nave estaba formada por dúas caixas de aluminio unidas á segunda etapa do foguete lanzador. O conxunto estabilizábase por gradente gravitatorio. Un panel solar proporcionaba ata 15 vatios de potencia. Os sinais emitíanse e recibíanse mediante tres antenas omnidireccionais, mentres que tres unidades detectoras de comandos mantiñan o sistema baixo control. O control térmico realizábase de maneira pasiva e non existía nin control de actitude nin baterías.[3][5][6]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads