Saab AB
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Saab Group (orixinalmente Svenska Aeroplan AB e posteriormente SAAB e Saab AB) é unha compañía de defensa e aviación sueca fundada no ano 1937. Dende 1947 ata 1990 foi a compañía matriz do fabricante de coches Saab Automobile. Entre 1968 e 1995 a compañía estivo fusionada con Scania-Vabis, sendo coñecida como Saab-Scania. As dúas empresas separáronse coa chegada do novo dono de Saab, Investor AB. A pesar da separación, tanto Saab como Scania comparten o dereito de usar o logotipo do grifón,[1] que procede do escudo de armas da rexión sueca de Escania.
Remove ads
Historia
Svenska Aeroplan AB (SAAB) fundouse no ano 1937 en Trollhättan. Coa fusión de Svenska Aero AB (SAAB) e a compañía baseada en Linköping ASJA[2] no ano 1939, a sede trasladouse a esta cidade.
Orixinalmente a compañía dedicouse á fabricación de avións pero comezou a diversificar os seus negocios. A finais dos anos 40 Saab empezou a fabricar coches coa súa división Saab Automobile, baseada en Trollhättan. O seu primeiro coche foi o Saab 92 que comezou a fabricarse a grande escala o 12 de decembro de 1949 baseado no prototipo Ursaab.[3]
A finais dos ano 50 Saab aventurouse no mercado dos ordenadores con Datasaab. A compañía foi parcialmente resultado da necesidade de fabricar un ordenador o suficientemente pequeno como para ser montado nun avión como equipo de navegación. Durante os anos 60 desenvolveu varios ordenadores que foron vendidos a países europeos para usos como a banca. O ordenador de aviación CK 37 foi utilizado en 1971 no Viggen. A compañís foi vendida en 1975 a Sperry UNIVAC, mentres que Saab retivo os seus desenvolvementos en ordenadores de voo.
En maio de 1965 o nome da compañía cambiou a Saab AB para reflectir o seu amplo rango de actividades.[2] En 1968 Saab AB fusionouse co fabricante sueco de camións, autobuses e motores Scania-Vabis,[4] converténdose en Saab-Scania AB.
En 1990 General Motors mercou o 51% de Saab Automobile, e fíxose co resto da división de coches unha década despois. En 1991 Investor AB completou unha compra apalancada de Saab-Scania AB facéndose con todas as súas accións en circulaciónpor uns 21 000 millóns de coroas suecas.[5] Saab-Scania converteuse nunha subsidiaria de Investor AB e a compañía foi eliminada do rexistro.[6]
En 1995 Saab-Scania foi dividida por Investor AB en dúas compañía independente, eliminando a fusión entre Scania AB e Saab AB. A intención da compañía matriz era ampliar posteriormente a propiedade nas dúas empresas.[7] Tras a venda do 50% de Saab Automobile AB a General Motors, a principal razón tras a fusión con Scania-Vabis en 1968 desaparecera.
Saab Military Aircraft e British Aerospace (agora BAE Systems) formaron en 1995 a empresa conxunta Saab-BAe Gripen AB para fabricar, comercializar e apoiar internacionalmente ao Gripen. Esta cooperación ampliouse en 2001 coa creación de Gripen International para o mesmo propósito.[4]
Dende 1998 ata 2005 o maior accionista en Saab foi BAE Systems, despois de que o seu predecesor, mercase un 35% das accións a Investor AB. En xaneiro de 2005 BAE Systems reduciu a súa participación ao 20%, mentres Investor AB mantiña outro 20%.
O 16 de novembro de 1999 Saab anunciou a súa intención de mercar Celsius AB. finalizando a súa adquisición a principios de marzo do ano seguinte.[8]
En decembro de 2005 Saab uniuse ao proxecto do vehículo aéreo no tripulado furtivo Dassault nEUROn como un dos socios principais.
En 2010 a compañía reestruturouse, pasando de quince unidades de negocio a cinco: aeronáutica, dinámica, sistemas de defensa electrónica, solucións de seguridade e defensa, e apoio e servizos.[9] Segundo Saab, a reestruturación levouse a cabo para orientarse mellor cara ao mercado e os clientes.
En marzo de 2010 BAE Systems vendeu a metade do seu 20% das accións na compañía a Investor AB, que entón se converteu no principal accionista.[10] En xuño de 2011 a compañía británica vendeu o resto das súas accións chegando ao final de 16 anos de relación con Saab.[11]
Remove ads
Produtos
Avións militares
- Saab 17: bombardeiro/bombardeiro en picado producido entre 1941 e 1944. 323 fabricados.
- Saab 18: bombardeiro e avión de recoñecemento bimotor producido entre 1944 e 1948. 245 fabricados.
- Saab 21: caza/avión de ataque de dobre fuselaxe producido entre 1945 e 1949. 298 fabricados
- Saab 21R: versión a reacción do Saab 21 producido entre 1950 e 1952. 64 fabricados.
- Saab 29 Tunnan: caza producido entre 1950 e 1956. 661 fabricados.
- Saab 32 Lansen: avión de ataque producido entre 1953 e 1959. 450 fabricados.
- Saab 35 Draken: caza producido entre 1955 e 1974. 644 fabricados.
- Saab 37 Viggen: avión de caza/ataque recoñecemento producido entre 1970 e 1990. 329 fabricados.
- Saab JAS 39 Gripen: caza multipropósito introducido en 1996. Ao redor de 250 fabricados ata o prsente.
- Saab 105: adestrador bimotor producido entre 1963 e 1972. 192 fabricados.
- Saab 340 AEW&C: avión de alerta temperá e control aerotransportado producido entre 1994 e 1997. 8 fabricados.
Proxectos de avións militares cancelados
- Saab 36: bombardeiro, anos 50. Ningún fabricado.
- Saab 38: ataque/adestrador, anos 70. Ningún fabricado.
Avións civís
- Saab 90 Scandia: avión de curto/medio alcance para 32 pasaxeiros producido entre 1946 e 1954. 18 fabricados.
- Saab 91 Safir: adestrador monomotor producido entre 1946 e 1966. 323 built)
- MFI-15 Safari/MFI-17 Supporter: adestrador monomotor producido entre 1971 e finais dos 70. Ao redor de 250 fabricados.
- Saab 340: avión de pasaxeiros de curto alcance para 30-35 pasaxeiros producido entre 1983 e 1999. 459 fabricados.
- Saab 2000: avión de pasaxeiros turbohélice para 50-58 pasaxeiros producido entre 1992 e 1999. 63 fabricados.
Avións experimentais
Vehículos aéreos non tripulados
- Saab Skeldar
- Swiss UAV
Mísiles
- RBS 56B BILL 2: mísil guiado anticarro.
- KEPD 350: mísil de cruceiro.
- MBT LAW: mísil anticarro.
- RB 04: mísil antibuque.
- Rb 05: mísil aire-terra.
- RBS 23: sistema de defensa antiaérea.
- RBS-15: mísil antibuque terra-terra e aire-terra.
- RBS-70: sistema de defensa aérea portátil.
- Meteor BVRAAM: mísil aire-aire.
Sistemas de xestión de combate naval
- 9LV
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads