Sabela Arias Castro

pintora galega From Wikipedia, the free encyclopedia

Sabela Arias Castro
Remove ads

Sabela Arias Castro, nada en Lugo o 24 de xullo de 1969, é unha pintora e historietista galega.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Estudos

Estudou na Escola de Artes Aplicadas Ramón Falcón de Lugo, obtivo a licenciatura na facultade de Belas Artes de Salamanca e proseguiu os estudos de posgrao na Universidade do País Vasco.[1][2]

Cómic

Sabela Arias é a creadora das viñetas de "Historias de Icía e Avoa". Comezou a crealas en 2003 e foron publicadas despois de 2006 en Terras de Santiago, e máis tarde apareceron en El Correo Gallego até hoxe. Esta tira é unha conversa entre avoa e neta na que falan da vida con retranca.

Pintura

A súa primeira exposición foi no ano 1988 na súa cidade natal.

A busca desta artista plástica é sen ningunha dúbida a cor, o espazo e a textura, na que o tema muda case que anecdótico, caendo nun mundo de ríos de pigmentos case sempre na gama cálida. Nesta bagaxe descobre distintas técnicas e sensacións que van pouco a pouco fundíndose co seu eterno encarnado nos lenzos.

Cuncas, torques, persoas, galerías, unha descrición dunha sociedade que pasea diante de nós para que descubramos formas e cores. Vemos a través dos anos cambios nas temáticas, aínda que a súa investigación sempre vai ó redor da experiencia da cor e dos ritmos que xorden dentro do seu espazo.

Remove ads

Obra

Pintura

  • Cuncas (1989). Nesta serie, os protagonistas son, por unha banda, a cor vermella e, por outra, os obxectos de barro chamados "cuncas".
  • Medo (1993). É unha serie curta, realizada no Salvador na que se aprecia un debuxo expresionista así coma o emprego de materiais pouco habituais como mercurocromo, terra, café etc. O formato deste traballo é moi pequeno, axeitado á falta de materiais e á dureza retratada.
  • Torques (1996). Trátase de obras que describen as pezas de ouro prerromanas: torques dourados e azuis que fan relaxa-la retina do ommipresente vermello na obra de Arias Castro.
  • Choivas (1998).[3] Posiblemente, esta serie titulada "Chuvias, brétemas e outras veladuras atmosféricas", sexa a que presenta unha paleta máis galega. os grises e verdes amosan a paisaxe cando non se pode ver.
  • Xentes (dende 1987). Aínda que a serie comeza en 1987, vai ser unha constante na súa obra: mulleres e homes que se enchen de cor e ofrecen unha danza no espazo.
  • Galerías (20032006). Unha paisaxe urbana, chea das galerías que se ven nas cidades galegas e chea de cor, fundamentalemente vermello, aínda que tamén aparecens verdes e azuis.
  • Paisaxe cotiá (2006)[1] Nesta obra destácase a beleza do cotiá, o retrato das pequenas cousas, de xestos normais; non de grandes acontecementos. Como noutras ocasións, a cor é o protagonista, xunto coa luz e a sombra. Esta obra foi exposta en Nova York, O Salvador, A Haia, Santiago de Compostela,[4] e A Coruña, entre oustros lugares.
  • Conversas (dende 2015)[5][6]

Ilustración

Banda Deseñada

  • Píntome de cores (1999). Lugo: Ed. Citania.
  • Historias de Icia e Avoa (Condensadas) (2013). Betanzos: Eiravella.[7]
Remove ads

Recoñecementos

  • XIVª edición do Certame Galego de Arte José Domínguez Guizán[8]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads