Sabina Guzzanti

actriz italiana From Wikipedia, the free encyclopedia

Sabina Guzzanti
Remove ads

Sabina Guzzanti, nada en Roma o 25 de xullo de 1963, é unha actriz, cómica e blogger italiana, filla do xornalista Paolo Guzzanti (senador italiano polo partido Forza Italia) e irmá dos tamén actores Corrado Guzzanti e Caterina Guzzanti. Titulóuse na Accademia Nazionale d'Arte Drammatica "Silvio D'Amico" e comezou a traballar co seu irmán Corrado. É unha artista moi activa politicamente. Fíxose moi popular en Italia polas imitacións satíricas dos políticos Massimo D'Alema e Silvio Berlusconi.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

No cinema, Guzzanti interpretou con Giuseppe Bertolucci I Camelli e Troppo sole (onde interpretaba 13 personaxes diferentes), filme que tivo un escaso éxito de público. Despois gravou Cuba Libre e en 1998 fixo de actriz e directora da curtametraxe Donna selvaggia.

En 2002 dirixiu a súa primeira longametraxe, Bimba. Despois regresaría ao teatro co espectáculo Recital, no que interpreta personaxes imaxinarios e reais, como Valeria Marini. Autora do célebre filme Viva Zapatero!, o seu último traballo chámase Le ragioni dell'aragosta, publicado en setembro de 2007.

Actividade teatral e televisiva

En novembro de 2003, gobernando Silvio Berlusconi, volve traballar en televisión coa emisión de Raiot, na canle pública Rai Tre, onde fai duras críticas aos diferentes poderes italianos. A actriz foi denunciada pola empresa de comunicación Mediaset por "gravísimas mentiras e insinuacións" e os directivos da Rai suspenderon inmediatamente a emisión despois dunha única emisión, suscitando moitas polémicas.

A pesar deste incidente, tanto o primeiro capítulo de Raiot emitido na Rai como as sucesivas emisións doutras gravacións non emitidas en TV pero si distribuídas libremente por Internet, tiveron un grande éxito. A querela foi arquivada pola maxistratura que xulgou infundadas as acusacións de Mediaset dado que os feitos denunciados (cousa que a cómica non deixa de repetir) era certos.

En 2005 presenta en Venecia o documental Viva Zapatero! que denuncia a pouca liberdade de información en Italia coa contribución de cómicos de sátira doutros países europeos.

Remove ads

Traballos

Thumb
Sabina Guzzanti presentando Le ragioni dell'aragosta na 64ª Mostra de Venecia

Filmes

  • Le ragioni dell'aragosta, dirixido e escrito por Sabina Guzzanti, 2007
  • Viva Zapatero!, dirixido e escrito por Sabina Guzzanti, 2005
  • Bimba, dirixido e escrito por Sabina Guzzanti, 2001
  • Troppo sole, dirixido por Giuseppe Bertolucci, 1994
  • La cattedra, dirixido por Michele Sordillo, 1991
  • I ragazzi di via Panisperna, dirixido por Gianni Amelio, 1989
  • Night club, dirixido por Sergio Corbucci, 1989
  • I cammelli, dirixido por Giuseppe Bertolucci, 1988
  • Cuba Libre - Velocipedi ai tropici, dirixido por David Riondino (1997)
  • Donna selvaggia (curtametraxe)

Libros

  • Reperto RaiOt., publicado por BUR Biblioteca Universale Rizzoli, 2005
  • Viva Zapatero!, publicado por BUR Biblioteca Universale Rizzoli, 2005
  • Il diario di Sabna Guzz, publicado por Einaudi, 2003
  • Mi consenta una riflessione (anche se non è il mio ramo), publicado por Baldini Castoldi Dalai, 2002
Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads