Saimaan Pallo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Saimaan Pallo ou SaiPa é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Lappeenranta (Finlandia). Actualmente compite na SM-liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo finés. Xoga os seus partidos como local no Kisapuisto, un pavillón con capacidade para 4.847 espectadores.
Remove ads
Historia
O SaiPa foi fundado en 1948. O mellor resultado do equipo foi na tempada 1965-66, cando gañou a medalla de bronce ao finalizar terceiro. Na tempada 1995-96 SaiPa, logo de vencer a Forssan FoPS (3-1) na primeira rolda dos play-offs de ascenso ascendeu, conseguiu o ascenso á SM-liiga logo de derrotar na final ao colista da máxima categoría, o TuTo, por 3-0.[2]
SaiPa tamén xogou un partido pola medalla de bronce na tempada 1998-99, mais perdeu fronte ao HPK por 7-2.
Remove ads
Xogadores
Capitáns do equipo
Ao longo da súa historia un total de 29 xogadores ocuparon o posto de capitán do equipo, o primeiro xogador en ser nomeado para o posto foi Vilho Pekkonen na tempada 1959-60. O xogador que máis tempadas ocupou o posto de capitán foi Ville Koho, que liderou ao equipo dende a tempada 2007-08 e seguía á fronte do mesmo na 2018-19. Os diferentes xogadores que teñen sido capitáns do equipo ao longo da súa historia son:[3]
Números retirados
SaiPa ten retirado tres números en honor a tres xogadores que destacaron vestindo as cores do equipo. Os dous primeiros dorsais que foron retirados foron os números 3 e 9 de Lalli Partinen e Petri Skriko respectivamente, o 14 de novembro de 1998, con motivo do 50 aniversario do equipo, menores que o número 20 de Heikki Mälkiä foi retirado o 3 de Janeiro de 2009.[4]
Remove ads
Adestradores
Palmarés
Trofeos colectivos
- SM-liiga
- * A Kanada-malja (Copa Canadá) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e campión da SM-liiga. É o trofeo principal da SM-liiga. O trofeo foi doado pola comunidade finlandesa do Canadá en 1950. O SaiPa nunca gañou o trofeo.
- 1 medallas de prata como segundo clasificado dos play-offs: 2025
- 1 medalla de bronce como terceiro clasificado dos play-offs: 1966
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads