Salitre

From Wikipedia, the free encyclopedia

Salitre
Remove ads

O salitre[1] ou nitro[2] é unha mestura de nitrato de sodio (NaNO3) e nitrato de potasio (KNO3).

Thumb
Oficina salitreira en Chile
Remove ads

Localización e características

Atópase naturalmente en grandes extensións de Suramérica, principalmente na rexión norte de Chile, con espesuras de até 3,6 metros. Aparece asociado a depósitos de xeso, cloruro sódico (NaCl), outros sales e area. Emprégase polo xeral na fabricación de ácidos (nítrico, sulfúrico) e nitrato de potasio; ademais é un axente oxidante e é usado en agricultura como fertilizante nitroxenado que pode substituír a urea polo seu alto contido en nitróxeno.

Outros usos son a fabricación de dinamita, explosivos, pirotecnia, medicina, fabricación de vidros, mistos, gases, sales de sodio, pigmentos, como conservante de alimentos, esmalte para fins artesanais etcétera.

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads