Salgueiro cabuxo

especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia

Salgueiro cabuxo
Remove ads

O salgueiro cabuxo[1] (Salix caprea), é unha arboriña follosa e caducifolia oriúnda de Europa e Asia central e occidental.[2] Aparece en Galiza na beira dos regueiros e ríos das montañas orientais de Lugo e Ourense.

Máis información Clasificación científica, Nome binomial ...
Remove ads

Descrición

É un arbusto ou arboriña de folla caduca, de até 6–12 m, raramente 20 m. As follas teñen 3–12 cm de longo e 2–8 cm de largo, máis largas que na maioría dos salgueiros. As flores son sedosas e suaves, prateadas, candeas de 3–7 cm de longo, que se producen a principios da primavera, antes de que aparezan as follas novas; as candeas están en plantas diferentes (dioicamente). As candeas masculinas maduras son amarelas cando ceiban o pole, as candeas femininos madurecen en verde claro. O froito é unha pequena cápsula de 5–10 mm de longo que contén numerosas sementes miudiñas, de arredor de 0,2 mm, con penacho cotonoso. As sementes cómpren dun chan despexado para xermolaren.[2][3]

Remove ads

Etimoloxía

O nome científico e o vulgar galego e nas linguas achegadas ao galego, probabelmente derivan da primeira ilustración coñecida da especie no herbario de Hieronymus Bock que data do ano 1546, no que se amosa a planta a ser comida por un cabuxo. A especie foi usada tamén historicamente como forraxe para as cabras, que é ao que pode se referir a ilustración de Bock.[4]

Taxonomía

Salix caprea foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 1020–1021, no ano 1753.[5]

Variedades

Hai dúas variedades:[2]

  • Salix caprea var. caprea. Rexións baixas por toda a zona de distribución. Pilosidade fina por riba das follas e intensa polo envés; estípulas persistentes deica o outono.
  • Salix caprea var. sphacelata (Sm.) Wahlenb. (sin. S. caprea var. coaetanea Hartm.; S. coaetanea (Hartm.) Floderus). Maior altitude, nas montañas do centro e do norte de Europa (Alpes, Cárpatos, Escocia, Escandinavia). Follas densamente pilosas por ambos os dous lados, 3–7 cm de longo; as estípulas caducan logo.
Sinonimia
  • Salix bakko KIMURA
  • Salix coaetanea Flod.
  • Salix hultenii Flod.[6]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads