Sally Field
actriz estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Sally Margaret Field, nada en Pasadena (California) o 6 de novembro de 1946, é unha actriz de cinema e televisión estadounidense.
Remove ads
Traxectoria
Comezou a súa carreira interpretativa na televisión a finais dos anos sesenta, como na serie The Flying Nun (1967-1970) da que foi protagonista. O seu primeiro papel importante no cinema foi en 1967, no filme The Way West.
En 1979 protagonizou Norma Rae, que lle valeu multitude de premios coma o oscar á mellor actriz e o premio á mellor actriz en Cannes. Cinco anos despois chegoulle o seu segundo oscar, con Places in the Heart.
Nos anos noventa os seus traballos foron máis esporádicos, con filmes como Forrest Gump ou Non sen a miña filla.
Ten traballado tamén na televisión nas últimas décadas, con papeis en series coma ER e Brothers & Sisters.
En 2005 foille diagnosticada osteoporose.
Remove ads
Filmografía
Remove ads
Véxase tamén
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sally Field ![]() |
Ligazóns externas
- Sally Field na IMDb (en inglés).
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads