Salvaterra de Miño

concello da comarca do Condado, na provincia de Pontevedra From Wikipedia, the free encyclopedia

Salvaterra de Miñomap
Remove ads

Salvaterra de Miño[1] é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Condado. Segundo o IGE en 2024 tiña 10.459 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «salvaterrense».

Datos rápidos Epónimo, Localización ...
Remove ads

Xeografía

O concello, de 62,5 km², está situado ao sur da provincia de Pontevedra, na confluencia dos vales do río Tea e o Miño. Limita ao norte con Mondariz e Ponteareas, ao sur con Monção (na beira portuguesa do Miño), ao leste coas Neves (a través dos montes da Paradanta) e ao oeste con Salceda de Caselas e a parroquia tudense de Caldelas de Tui.

Demografía

Evolución histórica da poboación
Distribución de idade da poboación
Máis información Censo total de habitantes ...
Remove ads

Historia

O 24 de maio de 991 o rei Vermudo II doou á Arquidiocese de Santiago de Compostela o señorío e val de Salvaterra, herdado do seu pai Ordoño III. A fundación da vila de Salvaterra foi promovida en 1218 polo rei Afonso IX. O obxectivo era facilitar a viláns e pecheiros os medios de burlar os excesos dos señores feudais. Tralas guerras entre Tareixa de Portugal e Urraca de Castela a comezos do século XIII, Salvaterra pertenceu a Portugal. En 1643 foi ocupada por tropas castelás no marco da Guerra de restauración portuguesa. O nome de Salvaterra aparece no século XIV, cando se substituíu o topónimo da vila de Lazoiro.[2]

Segundo relata Vasco da Ponte, logo da Gran Guerra Irmandiña, cando Pedro Madruga pasou a Portugal fuxindo do arcebispo de Compostela e do conde de Monterrei, asaltou a gornición de Salvaterra.

En 1568 o señor de Salvaterra, Diego Sarmiento, acudiu con 500 homes á defensa de Pontevedra contra as incursións do pirata Francis Drake, que xa desembarcara en Vigo.

Até 1916 recibía simplemente o nome de Salvaterra, pero coa reforma da nomenclatura municipal de España de 1916 pasou a chamarse Salvaterra de Miño para distinguilo doutros concellos de España, como Salvatierra-Agurain en Araba ou Salvatierra de Esca en Zaragoza[3].

Remove ads

Cultura

Patrimonio

Pazo de Dona Urraca

O castelo de Salvaterra ou castelo de Dona Urraca é unha fortaleza medieval ao pé do río Miño. As súas orixes remóntanse aos séculos X e XI. Ocupa unha superficie de 9 700 m² conformados polo recinto amurallado coas súas garitas, a Casa do Conde, o Pazo de Dona Urraca e a Capela da Virxe da Oliva. Do século XII consérvanse as chamadas Covas de Dona Urraca, coa súa escaleira de caracol.

O castelo de Salvaterra e a súa contorna histórica foron declarados en 1949 Bens de Interese Cultural.

Etnografía

Festas e celebracións

  • Vilanova é do rei,/ Salvaterra da raíña;/ se eu fora filla do rei/ Vilanova érache miña [5].

Economía

Salvaterra ten características de cidade satélite de Vigo, da cal dependen economicamente a meirande parte dos seus habitantes. Preto do núcleo principal da vila atópase un pequeno polígono industrial. A partir de 2001 comezou a proxectarse a Plataforma Loxística Salvaterra-As Neves (PLISAN), proxectada no leste do concello co obxectivo de aliviar a falta de solo industrial na Área Metropolitana de Vigo. Despois de vinte anos de litixios e construción[6] promovida polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, a Xunta de Galiza e o Porto de Vigo, espérase que se efectúe a construción de numerosas naves industriais de distintas firmas[7][8] nos vindeiros anos.

Alén disto, destacan tamén a produción de viño, a extracción de áridos no río Mendo, o turismo e a pesca da lamprea.

Remove ads

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Salvaterra de Miño

Parroquias

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Salvaterra de Miño

Alxén (San Paio) | Arantei (San Pedro) | Cabreira (San Miguel) | Corzáns (San Miguel) | Fiolledo (San Paio) | Fornelos (San Xoán) | Leirado (San Salvador) | Lira (San Simón) | Lourido (Santo André) | Meder (Santo Adrián) | Oleiros (Santa María) | Pesqueiras (Santa Mariña) | Porto (San Paulo) | Salvaterra (San Lourenzo) | Soutolobre (Santa Comba) | Uma (Santo André) | Vilacova (San Xoán)

Remove ads

Lugares de Salvaterra de Miño

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Salvaterra de Miño vexa: Lugares de Salvaterra de Miño.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads