Samáridos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A dos samáridos (Samaridae) é unha familia de peixes osteíctios da orde dos pleuronectiformes e suborde dos pleuronectoideos que abrangue pequenos peixes planos propios das augas da rexión Indo-Pacífica.
Antigamente foron clasificados como unha subfamilia da familia dos pleuronéctidos.
A familia comprende tan só tres xéneros, cun total de case 30 especies.
Remove ads
Características
Son peixes de pequeno tamaño, e só unhas poucas especies alcanzan os 15 cm de lonxitude.[2]
As súas principais características son:[3]
- Como todos os peixes planos teñen o corpo moi aplanado lateralmente e asimétrico, con ambos os ollos nun lado do corpo, chamado ocular ou pigmantado, mentres que o outro lado é o clamado lado cego.
- Nas especies desta familia o lado ocular é o dereito.
- Os raios da aleta dorsal son moi alongados, e a miúdo son libres.
- A orixe desta aleta está diante dos ollos.
A liña lateral pode estar ben desenvolvida ou presentarse moi reducida. - As aletas pelvianas están ben desenvolvidas en ambos os lados do corpo, e son simétricas.
Remove ads
Hábitat e distribución
Os samáridos so endémicos das rexións tropicais e subtropicais das augas da rexión Indo-Pacífica. Viven xeralmente en augas profundas, sobre todo sobre fondos brandos do nivel circalitoral.[3]
Taxonomía
A familia foi descrita por primeira vez polos ictiólogos estadounidenses David Starr Jordan e David Kopp Goss.[1]
Clasificación
Na actualidade recoñécense na familia os seguintes tres xéneros:[1][3][4]
- Plagiopsetta Franz, 1910
- Samaris Gray, 1831
- Samariscus Gilbert, 1905
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads