Santiago Pemán
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Santiago Pemán García, nado en Santiago de Compostela o 7 de abril de 1936, é un expiloto e antigo inspector de aviación civil, famoso por ser o presentador da información meteorolóxica da Televisión de Galicia entre 1986 e 2006.
Remove ads
Traxectoria
Nacido en 1936 na zona vella de Santiago de Compostela,[1] formouse como piloto dende os 17 anos e un ano despois voou por primeira vez en solitario. Na súa faceta como piloto comezou a interesarse pola meteoroloxía e tras realizar o servizo militar conseguiu un emprego no servizo meteorolóxico do aeroporto da Lavacolla.
Despois de 30 anos no aeroporto, onde tamén traballou como inspector de aviación civil, visitou en 1986 os estudios da Televisión de Galicia, cando a canle autonómica estaba nos seus comezos.[1] Alí colocouse diante dun croma e imitou a Mariano Medina, o "home do tempo" de Televisión Española, e acabou sendo contratado para presentar a información meteorolóxica.[2]
Foi o "home do tempo" da TVG durante os seguintes 20 anos, converténdose nunha das figuras máis populares en toda Galicia.[3][1] Cunha forma de presentar a información meteorolóxica que marcou estilo, popularizou palabras pouco coñecidas fóra de certos ámbitos profesionais (en especial ás relativas ao mundo do mar) e achegou un feixe de refráns sobre o tempo.
En 2006 comezou a presentar Mar de fondo, un programa sobre o tempo no mar en horario de madrugada no que traballou durante anos e continuou colaborando tamén coa Radio Galega, dando a información do tempo no mar. Mantivo ata o ano 2014 unha páxina web con información meteorolóxica.
Remove ads
Vida persoal
As súas fillas continuaron o seu labor. A diferenza do seu pai, elas si estudaron Físicas e especializáronse en Meteoroloxía.
Na cultura popular
Convertido nun dos rostros máis famosos da historia da Televisión de Galicia, dedicáronlle cancións Ana Kiro,[4] Eskakeo[5] e Montse e Luis Queimada, e participou nun videoclip de Lamatumbá.[6] Ten aparecido en series de televisión como Pratos combinados interpretándose a si mesmo.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads