Sarga

especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia

Sarga
Remove ads

A sarga[1] Salix eleagnos é un salgueiro de até 20 m de alto, ou arbusto alto, da familia das salicáceas.

Máis información Salgueiro sarga, Estado de conservación ...
Remove ads

Descrición

Arbusto que acada os 6 metros de altura, de numerosos pés princiapis, que pode chegar a árbore de até 10 m. Pólas longas e fexíbeis, finas, de casca pardo-cinsenta, pardo-amarelenta ou arroibada-escura, fendada co paso do tempo. As franzas nacen aveludadas. Follas moi estreitas e alongadas, de até 16 cm de longo por uns 6 mm de largo; enteiras ou lixeiramente dentadas na metade superior. Face verde escura, galbra e envés branco ou cinsento, cuberto de feltro, co nervio prominente e o pecíolo curto. Adoitan ter a marxe lixeiramente enrolada cara ao nervio. As candeas masculinos son laterais, sentadas ou case sentadas, cilíndricas, de 1 a 3 cm, de longo, vilosos, con brácteas verde-amarelentas, manchadas de pardo ou vermello no ápice, cun só nectario e dous estames soldados na metade ou terzo inferior polos seus filamentos. Os amentos femininos diferéncianse polo seu pistilo sen pelo e o seu curto pecíolo. Son precoces e desprenden sementes empenachadas. Florea dende finais do inverno e en primavera.[2]

Remove ads

Hábitat

Beira dos ríos, regueiros e torrentes de montaña, así como en grixos e terreos de aluvión dos cursos de auga, nas fondeiras e fondos de val frescos, preferentemente en terreos calcarios. Ascende dende os 200 até uns 1.500 (2000) m de altitude.

Distribución

No centro e sur de Europa, Asia menor e norte de África. Na Península Ibérica é moi frecuente, especialmente nas metades oriental e setentrional; escasea cara occidente e polo sur. Aparece en Galiza mais falta en Portugal.[3]

Taxonomía

Salix eleagnos foi descrita por Giovanni Antonio Scopoli e publicado en Flora Carniolica, Editio Secunda 2: 257, no ano 1772.[4]

Sinonimia
  • Salix incana Schrank[5]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads