Savaii

From Wikipedia, the free encyclopedia

Savaiimap
Remove ads

Savai'i , a alma de Samoa, é a principal e máis grande illa no estado de Samoa, formada por basalto, que pasa dos fondos mariños da zona occidental Océano Pacífico. Savai'i é un volcán activo, o cal fixo erupción por última vez en 1911. É o fogar de aproximadamente 50.000 persoas, é menos desenvolvida que Upolu, a outra illa principal. Os portos de Salelologa e Asau sitúanse en Savai'i. Savai'i é o fogar da Pulemele'i Mound, Alofa'aga Blowholes, e Moso's Footprint, que se remontan a tempos prehistóricos. Falealupo, a só 20 millas do cambio de data, é o pobo máis occidental de Samoa, e posiblemente, do mundo. Nos comenzos do século XIX, a illa foi chamada Pola.

Para a mítica patria de orixe dos pobos polinesios (ás veces denominada Savai'i), véxase Hawaiki
Datos rápidos Tipo, Parte de ...
Remove ads

Mitos e lendas

Thumb
Aldea de Matautu, costa norte Savai'i (1902)

Rica na historia polinesia e a tradición oral, Savai'i menciónase en mitos e lendas das Illas do Pacífico e chamouse o "berce da Polinesia".[1]

A Mitoloxía samoana conta historias de deuses diferentes. Había deuses dos bosques, dos mares, da choiva, da colleita, das aldeas, e da guerra.[2] Houbo dous tipos de deuses: atua, que tiñan orixes non humanas, e aitu, que eran de orixe humana. Tagaloa era un deus supremo que fixo as illas e a xente. Mafui'e era o deus dos terremotos. Había tamén varios deuses da guerra. Nafanua, a deusa guerreira de Samoa, provén da aldea de Falealupo no extremo oeste da illa, que é tamén o sitio da entrada en Pulotu, o mundo dos espíritos. O pai de Nafanua Saviasi'uleo era o deus de Pulotu.[3] Outra lenda ben coñecida fala de dúas irmás, Tilafaiga e Taema, traendo a arte do tatuaxe a Samoa desde Fiji. Tilafaiga é a nai de Nafanua. A piscina de auga doce Mata o le Alelo 'Ollos do Demo' da lenda polinesia Sina e a anguía sitúase na aldea de Matavai na costa do norte no distrito da aldea de Safune.[4] Outra figura da lenda é Tui Fiti, que reside na aldea de Fagamalo no distrito da aldea de Matautu na costa norte central. A aldea de Falelima asóciase cun temido espírito chamado Nifoloa.

Savai'i é coñecida como o "Alma de Samoa". "Aquí o século XX tivo pouca influencia, e a fa'a Samoa (a forma samoana) ten o maior significado." [5]

Remove ads

Actividade volcánica

A illa consiste nunha gran placa volcánica en forma similar aos volcáns de Hawai. En consecuencia, a illa ten un perfil de suave declive, alcanzando unha altitude máxima de 1858 metros no monte Silisili. Savai'i segue sendo volcanicamente activa, coas recentes erupcións de Matavanu entre 1905 e 1911, Mata Ole Afi en 1902 e Mauga Afi en 1725. O campo de lava en Saleaula causado polas erupcións do Matavanu na primeira parte da século XX son o suficientemente amplas para que sexan visibles nas fotografías de gran altitude

Thumb

Remove ads

Galería

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads