Scincomorpha

From Wikipedia, the free encyclopedia

Scincomorpha
Remove ads

A dos escincomorfos (Scincomorpha) é unha infraorde de réptiles da orde dos escamosos e suborde dos lacertilios.

Máis información Clasificación científica, Familias ...
Thumb
Cordylus cordylus.
Thumb
Lagarto arnal (Timon lepidus).
Thumb
Lagarta galega (Podarcis bocagei).
Thumb
Xantusia henshawi.
Remove ads

Taxonomía

Descrición

A infraorde foi descrita en 1923 polo paleontólogo e zoólogo estadounidense, especializado en herpetoloxía, Charles Lewis Camp,[1] en "Classification of the lizards". Bulletin of the American Museum of Natural History 48: 289-481.

Etimoloxía

O nome científico Scincomorpha está formado sobre a base do nome do seu xénero tipo, Scincus, coa adición do sufixo do latín científico -morpha, feminino singular e neutro plural de -morphus "-morfo", derivado do grego antigo μορφή morphē, "forma", "figura", especialmente do corpo, "aspecto", "aparencia".[2] Lieralmente, "os parecidos aos escincos".

Sinónimos

Ademais de polo nome actualmente válido, a infrorde coñeceuse tamén polos sinónimos:

Clasificación

Na infraorde recoñécenese xeralmente as sete familias seguintes:[6]

  • Cordylidae Mertens, 1937
  • Gerrhosauridae Fitzinger, 1843
  • Gymnophthalmidae Merrem, 1820
  • Lacertidae Gray, 1825
  • Scincidae Gray, 1825
  • Teiidae Gray, 1827
  • Xantusiidae Baird, 1858

Porén, segundo Stephen Blair Hedges (2014), só comprendería:[7]

  • Cordylidae
  • Gerrhosauridae
  • Lacertidae
  • Scincidae
  • Xantusiidae
Remove ads

Características

As principais características dos scincomorfos son:[Cómpre referencia]

  • Son animais escamosos, con dentición pleurodóntica,[8] cos parietais funsionados e lingua simple, coa cabeza non delimitada claramente do resto do corpo, que é delgado e con frecuente tendencia á redución das extremidades.
  • As súas especies viven en todo o mundo, sobre todo nas rexións trópicais e subtropicais, principalmente no solo e, a miúdo, en zonas áridas.
  • Só unhas poucas poden trepar e vivir nas árbores.
  • Algunhas teñen unha aparencia semellante á das serpentes, por teren as extremidades moi reducidas.
  • Todos os escincomorfos teñen a lingua cuberta por escamas planas superpostas.
Remove ads

Rexistro fósil

Apareceron por primeira vez no rexistro fósil hai uns 170 millóns de anos, durante o Xurásico.[9]

Filoxenia

Estudos de bioloxía molecular discuten a monofilia dos escincomorfos, e conforman o novo taxon dos Scinciformata, que corresponde á superfamilia anterior dos Scincoidea, deixando fóra aos lacértidos.[10][11][12]

O seguinte cladograma nostra as relacións filoxenéticas das familias dos Scincoidea:

 Scincoidea (Scinciformata) 

Scincidae

 Cordylomorpha 

Xantusiidae

 Cordyloidea 

Cordylidae

Gerrhosauridae

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads