Sciurus
xénero de mamíferos From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Sciurus é un xénero de mamíferos da orde dos roedores, suborde dos esciuromorfos, familia dos esciúridos, subfamilia dos esciurinos (en latín, Sciurinae) e tribo do mesmo nome (en latín, Sciurini).

É o xénero tipo da suborde, a familia, a subfamilia e o tribo.
Comprende á maioría dos esquíos denominados vulgarmente esquíos arborícolas de Europa, zonas temperadas de Asia, Norteamérica, Centroamérica e Suramérica.
Remove ads
Taxonomía
Descrición
O xénero foi descito en 1758 por Linneo na páxina 63 do Tomo 1º do seu Systema Naturae (10ª edición).[1]
Etimoloxía
Linneo tomou o nome do grego antigo σκίουρος skíouros (latinizado scĭūrus), que significa "esquío".[2] O temo grego deriva de σκιά skiá, "sombra" + οὐρά ourá, "cola de animal" (aludindo quizais a que estes animais poden poñerse "á sombra da súa cola").
Sinónimos
Ademais de polo nome actualmente válido, o protónimo de Linneo, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:[1]
- Aphrontis Schultze, 1893
- Araeosciurus Nelson, 1899
- Baiosciurus Nelson, 1899
- Echinosciurus Trouessart, 1880
- Histriosciurus J. A. Allen, 1915
- Leptosciurus J. A. Allen, 1915
- Macroxus F. Cuvier, 1823
- Mesosciurus J. A. Allen, 1915
- Neosciurus Trouessart, 1880
- Oreosciurus Ognev, 1935
- Parasciurus Trouessart, 1880
- Simosciurus J. A. Allen, 1915
Subxéneros
Recoñécense os subxéneros seguintes:[1]
- Sciurus
- Otosciurus
- Guerlinguetus
- Tenes
- Hadrosciurus
- Hesperosciurus
- Urosciurus
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads