Selene

From Wikipedia, the free encyclopedia

Selene
Remove ads

Selena é unha divindade da relixión da Antiga Grecia. Representa á Lúa na mitoloxía grega, é filla dos titáns Hiperión e Tía, e irmá de Helios (o Sol) e de Eos (a aurora). Era representada como unha muller nova que percorría o ceo nun carro de prata tirado por dous cabalos brancos.

Véxase tamén: Kaguya.

Conta a lenda que en certa ocasión namorouse dun pastor chamado Endimión (fillo de Cálice, filla de Eolo),[1] e pediulle a Zeus que lle concedera un desexo. Este aceptou e concedeulle o que quixera. Endimión pediu durmir eternamente, permanecendo inmortal e sen avellentar.[2]

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads