Separador decimal
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O separador decimal é un símbolo usado para indicar a separación entre a parte enteira e a parte fraccional dun número decimal.

O Sistema Internacional de Unidades (SI) e a ISO na súa norma 80000 admiten actualmente dous símbolos: a coma e o punto.[1] Até o ano 2003, a Conferencia Xeral de Pesas e Medidas (CGPM) recomendaba a coma, pero ese ano decidiu admitir ambos signos, á vez que lembraba que hai outras normas internacionais que establecen a coma como único signo en todos os idiomas.[1] Pola súa banda, a outra norma sobre escritura de símbolos, a ISO 80000-1, do ano 2009, tamén admite ambos signos e cancela a anterior recomendación da coma da norma ISO 31-0. En calquera caso, ningún destes dous signos é o apropiado como separador de miles: «os números poden agruparse de tres en tres para facilitar a lectura; pero non se deben utilizar nin comas nin puntos nos espazos entre grupos».
Remove ads
Historia
O texto europeo máis antigo que se coñece e que usa o punto como separador decimal é o Compendio do ábaco, publicado en 1492 polo matemático italiano Francesco Pellos.
En 1579, o francés François Viète (na súa obra Canon) introduce o uso dunha coma ou unha barra vertical como separador decimal.
En 1582, o matemático belga Simón Stévin (1548-1620) introduce unha notación moi singular. Onde hoxe se adoita escribir 123,4567 el escribía
- 123(0) 4(1) 5(2) 6(3) 7(4)
simbolizando así 123 unidades enteiras, 4 unidades decimais de primeira orde (décimas), 5 unidades decimais de segunda orde (centésimas), 6 unidades decimais de terceira orde (milésimas), 7 unidades decimais de cuarta orde (diezmilésimas).
Dez anos máis tarde, o suízo Jost Bürgi simplificou a notación eliminando a mención inútil da orde das fraccións decimais consecutivas e pondo enriba da cifra das unidades o signo º:
O mesmo ano, o italiano Magini substituíu esa marca por un punto que colocou entre a cifra das unidades e a das décimas. Así naceu a notación que aínda se utiliza decote nos países anglosaxóns:
No que respecta á coma decimal, foi ideada a principios do século XVII polo matemático e óptico holandés Wilbord Snellius (1580-1667), coñecido tamén como Willebrord Snell e Willebrord Snel van Royen:
En 1617, o matemático escocés John Napier (no seu Rhabdologia) usa tanto a coma como o punto, aínda que na súa táboa de logaritmos utilizou particularmente o punto decimal.
No século XVIII o uso da coma decimal estendeuse pola Europa continental, mentres que nas illas Británicas o punto decimal volveuse o estándar no uso, talvez pola influencia da obra de Napier.
Xa en 1771 a Encyclopædia Britannica recolle o uso do decimal point (punto decimal) na súa entrada «Arithmetick».
Remove ads
Uso actual
Países que usan a coma decimal
Entre os países que usan a coma como separador decimal están:
Países que usan o punto decimal
Entre os países que usan o punto como separador decimal están:
Apóstrofo
Doutra banda, en países como España téndese a utilizar o apóstrofo ou coma voada de maneira homóloga á coma decimal nos casos de escritura a man, por exemplo:
En máquinas e libros de texto este costume só se segue ocasionalmente, aínda que a rexeitan as Academias da Lingua e non está contemplada nas normas internacionais. Así, no Dicionario panhispánico de dúbidas de 2005 establecen, no artigo temático Coma: a coma debe escribirse na parte inferior da liña, nunca na parte superior:
Exemplos de uso
Os seguintes exemplos son as formas de escritura decimal dos países:
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads