Sergio Iglesias Pazos

político galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Sergio Iglesias Pazos
Remove ads

Sergio Iglesias Pazos, nado en Vila de Cruces cara a 1929 e finado en Chapa (Silleda) o 16 de maio de 1990,[1] foi un político galego, alcalde de Vila de Cruces.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Thumb
Necrolóxica en La Voz de Galicia.
Remove ads

Traxectoria

Logo do falecemento do alcalde José Luis Castelo González foi proclamado alcalde de Vila de Cruces ao ser o único candidato en xaneiro de 1976.[2] Nas primeiras eleccións democráticas presentouse encabezando a lista de UCD, obtendo trece escanos e a maioría absoluta. Nas eleccións de 1983 encabezou a candidatura de Coalición Independientes de Galicia (CIG) obtendo de novo a alcaldía por maioría absoluta. Nas municipais de 1987, nas que se presentou polo Alianza Popular, volveu revalidar a alcaldía por maioría absoluta.

Finou en Chapa nun accidente de tráfico o 16 de maio de 1990 con 60 anos. Tras o seu falecemento asumiu a alcaldía o seu compañeiro Jesús Otero Varela.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads