Serra do Careón
serra dos concellos de Agolada, Friol, Melide, Palas de Rei, Santiso e Toques. From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A serra do Careón[1] é unha serra e que pertence á dorsal galega e que separa a Terra de Melide das comarcas de Lugo e da Ulloa. O seu relevo xeral é suave e de meseta con chanzos, e nela nacen o río Furelos e o río Seco, afluentes do río Ulla.[2][3]
Esta serra destaca por ser o máis extenso afloramento de rochas ultrabásicas na Península Ibérica. Así mesmo, a súa meirande parte forma parte do espazo natural protexido homónimo declarado como zona especial de conservación, o ZEC Serra do Careón.[3]
Remove ads
Xeografía e xeoloxía
Orografía
Forma parte da dorsal galega. Conta cunha altitude media de 550 metros e máxima de 798 metros, no Monte Careón.
Hidrografía
Nesta serra nacen o río Narla, afluente do Miño, e o río Pambre, o río Seco ou o río Furelos, afluentes todos tres do río Ulla.
Xeoloxía
Dominan os granitos de dúas micas e intrusivos, gneis de ollo de sapo e xistos. Así mesmo, esta serra destaca por ser a máis extensa floración de rochas ultrabásicas na Península Ibérica, que vai desde Sobrado ata o sur de Melide. Catalogouse como o PIG C-17: Pregamentos tombados no complexo ultrabásico de Melide.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads