Seteira
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Unha seteira,[1] en arquitectura militar, é unha abertura ou un rebaixamento na muralla, que na súa concepción primitiva permitía aos defensores (arqueiros, besteiros) lanzar setas.
Bastante empregada na arquitectura medieval, pode ser descrita como un van na albanelaría na forma dunha faixa ou fiestra vertical, cuxa altura corresponde a aproximadamente cinco veces a súa largura. En xeral, posúe peitoril de aproximadamente trinta centímetros e a súa lumieira dista aproximadamente trinta centímetros do teito.
Conforme o período construtivo e a súa rexión pode ser simple ou en cruz. Coa introdución das armas de fogo, a partir do século XIV, algunhas presentan adaptación para tiros de arcabuz, mosquete ou pequenos canóns. Os vans circulares abertos para esas primitivas pezas de artillaría son chamados troneiras.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads