Sextante (moeda)

From Wikipedia, the free encyclopedia

O sextante (en latín: sextans) foi unha moeda da antiga Roma de bronce usada durante a República, co valor da sexta parte dun ás ou dúas onzas (unciae).[1][2][3]

Thumb
Sextante cunha imaxe de Rómulo e Remo mamando da loba, cunha aguia no reverso e os dous puntos que representan o valor de dúas onzas romanas (217-215 a. C.)

Caracterización

O deseño máis habitual dos sextantes consistía no busto de Mercurio acompañado de dous puntos grosos, a modo de marca de valor que indicaba dúas uncias, nos anversos, e a proa dun barco nos reversos, aínda que as primeiras emisións amosaban unha simboloxía máis diversa, caracterizada por elementos como cunchas de vieira, caduceos, etc., fundamentalmente nos anversos.[4][5][6]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.