Sfumato

From Wikipedia, the free encyclopedia

Sfumato
Remove ads

O sfumato (do italiano) é un efecto vaporoso que se obtén pola superposición de varias capas de pintura extremadamente delicadas, proporcionando á composición uns contornos imprecisos, así como un aspecto de vaguidade e distancia. Utilízase para dar unha impresión de profundidade nos cadros do renacemento. Este efecto fai que os tons esvaezan ata valores máis escuros como na Mona Lisa e no San Xoán Bautista.

Thumb
A Gioconda ilustra a técnica do esfumato no Óleo.
Thumb
San Xoán Bautista.

A invención desta técnica, así como o seu nome sfumato, débense a Leonardo da Vinci.

Remove ads

Técnica

Segundo as investigacións de Pascal Cotte,[1] baseadas nunha análise multiespectral do cadro A Gioconda, a técnica utilizada por Leonardo podería consistir nos pasos seguintes:

  1. Sobre un ferro de madeira de álamo, aplícase unha preparación branca de carbonato de calcio, branco de zinc e cola de coello (ósos moídos). Todo isto coñécese como creta ou imprimatura.
  2. Trázase un primeiro esbozo ao pincel.
  3. Aplicación dunha veladura (delgada capa de cor), ao óleo, sobre toda a superficie do cadro.
  4. Engádense as sombras e os valores intermedios. No caso do ollo esquerdo de Mona Lisa, esta operación fíxose con terra de Siena moi diluída.
  5. Coa punta do pincel, pluméanse as sombras e os valores intermedios.
  6. Aplícase sobre todo o cadro unha delgada capa translúcida, de cor adaptada a cada zona.
  7. Repaso das zonas plumeadas, pintando nos diminutos espazos entre trazo e trazo, para homoxeneizar.
  8. Toque final: gradación tonal mediante retoques e veladuras específicas ata conseguir o efecto de degradado suave entre as zonas de sombra e as de luz.

Ao final non queda no cadro o mínimo trazo de pincel, facendo moi difícil saber a primeira ollada cal foi a técnica pictórica empregada.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads