Shenron

From Wikipedia, the free encyclopedia

Shenron
Remove ads

Shenron (シェンロン, Shenron) é o dragón lendario das bólas máxicas que aparece no manga e anime Dragon Ball, creado por Akira Toriyama.

Datos rápidos Tipo, Obra ...

Segundo a lenda, quen sexa capaz de xuntar as sete Bólas do Dragón pode pedir un desexo ó dragón lendario Shenron. Este dragón é o que permitiu que volvesen á vida tódolos afectados polos inimigos de Son Goku e os seus amigos (Freezer, Célula, Máxico Boo etc.). Foi creado por Kamisama a partir dunha escultura modelada polo Señor Popo e, ten a aparencia dun dragón chinés de cor verde. Cumpre 12 desexos durante a serie.

A pesar do seu alto poder para conceder calquera desexo, Shenron ten limitacións, como por exemplo que non pode revivir persoas que xa morreron dúas veces. Outra destas limitacións é que Shenron non ten poder no máis aló, xa que o encargado deste lugar é Enma Daiō.

Despois de que Kamisama e Piccoro se unisen, Dende, modificounas para que Shenron puidese conceder dous desexos.

Thumb
Graffiti de Shenron en Vic, Cataluña.

Este personaxe foi tomado da mitoloxía chinesa, onde os dragóns son representados como unha serpe con gadoupas e cornos, sostendo unha perla en chamas (o que serían as bólas do dragón) que representa a sabedoría ou a chuvia, aínda que pode ser conectada tamén a través do xintoísmo, onde o espírito Inari ten unha xoia esférica que realiza desexos.

Remove ads

Véxase tamén

Outros artigos

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads