Shigeko Yuki
escritora xaponesa From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Shigeko Yuki (en xaponés: 由起 しげ子), nada en Sakai o 2 de decembro de 1900 e finada o 30 de decembro de 1969, foi unha escritora xaponesa.
Remove ads
Traxectoria
A súa nai faleceu cando tiña dez anos. En 1919, matriculouse nunha escola feminina de Kobe para estudar música, pero a súa familia opúxose. En 1924 casou co pintor Usaburo Ihara (伊 原 宇 三郎, 1894-1976)[1]. De 1925 a 1929, viviu en Francia, onde estudou composición e piano.
Tras divorciarse de Ihara en 1945, comezou a escribir contos infantís por motivos financeiros. O redactor en xefe da publicación Sakuhin (作品) animouna a escribir novelas. Coa súa segunda novela, Hon no Hanashi, gañou o premio Akutagawa en 1949. A súa novela Jochūkko(1951) levouna ao cinema Tomotaka Tasakas (田坂 具隆, 1955).
Faleceu de envelenamento sanguíneo asociado a diabetes mellitus.
Remove ads
Publicacións
- Yagurumasō , 1947
- Hon no hanashi (本の話)
- Kokubetsu, 1951
- Yubiwa no Hanashi, 1951
- Jochūkko (女中ッ子), 1951
- Fuyu no Ki, 1953
- Hyōhakku, 1954
- Akasaka no Kyōdai (赤坂の姉妹), 1960
- Keiyaku Kekkon (契約結婚), 1961
- Yasashii Otto (やさしい良人), 1963
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads