Simón bar Kokhba

líder da revolta xudía contra o Imperio Romano do ano 132 From Wikipedia, the free encyclopedia

Simón bar Kokhba
Remove ads

Simón bar Kokhba (hebreo: שמעון בר כוכבא), nado como Simón ben Kosevah, foi o líder da revolta xudía que leva o seu nome, contra o Imperio Romano no ano 132. Estableceu un estado xudeu independente na provincia de Xudea, no que gobernou durante tres anos levando o título de Nasi. O seu estado foi conquistado polas forzas do emperador Hadriano no ano 135 tras unha guerra de dous anos e medio.[a]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Nome

Os documentos descubertos no século XX na grota das Cartas deron o seu nome orixinal, con algunhas variacións: Simeón bar Kosevah (hebreo: שמעון בר כוסבה), Bar Koseva (hebreo: בר כוסבא) ou Ben Koseva (hebreo: בן כוסבא).[2] É posible que o seu nome orixinal fose Bar Koseva.[3] O nome pode indicar que o seu pai ou o seu lugar de orixe se chamaba Koseva,[4] pero pode ser tamén un simple apelido familiar.[3]

O sabio xudeu Rabbí Akiva consentiu a posibilidade de que Simón fose o Mesías xudeu, e deulle o apelido "Bar Kokhba" que significa "Fillo da Estrela" en arameo, do verso do Libro dos Números relativo á profecía da estrela:

"Véxoo, pero non neste intre; eu avístoo, pero non de cerca: saíu unha estrela de Xacob, e xurdiu un caxato de Israel; crebou as ladeiras de Moab e abateu todos os fillos de Xet."
Libro dos Números[5]

O nome Bar Kokhba non aparece no Talmud pero si noutras fontes eclesiásticas.[6] Os rabinos posteriores a Akiva non compartiron a súa visión sobre Bar Kokhba. Un discípulo de Akiva, Yose ben Halaphta, chámalle "bar Koziba" (hebreo: בר כוזיבא), que significa "fillo da mentira".[7] O xuízo de Bar Koseba implica que o seu cambio de nome se levou a cabo polos estudantes rabínicos no tempo da codificación do Talmud, onde o nome sempre aparece como "Simon bar Koziba" (hebreo: בר כוזיבא) ou Bar Kozevah.

Remove ads

A revolta

Artigo principal: Revolta de Bar Kokhba.
Thumb
Shekel de prata de Bar Kokhba. Anverso: a fachada do Templo xudeu cunha estrela nacente rodeado polo texto "Shimon". Reverso: un lulav e etrog, o texto di: "pola liberdade de Xerusalén"

A pesar da devastación causada polos romanos durante a primeira guerra xudeu-romana (66-73), que deixou a poboación e a rexión en ruínas, promulgáronse unha serie de leis polos emperadores romanos que supuxeron o xerme dunha segunda revolta.[8] Baseados na delineación dos anos do Chronicon de Eusebio de Cesarea, foi no ano décimo sexto do reinado de Hadriano, o que equivale ao cuarto ano da 227º Olimpíada, cando comezou a revolta xudía, baixo o gobernador romano Tineius Rufus, mentres que Hadriano enviou un exército para esmagar a resistencia. Bar Kokhba, o líder da resistencia no momento, castigou a todo aquel xudeu que rexeitou unirse ao seu bando.[9] Dous anos e medio despois, a guerra rematou. O emperador Hadriano prohibiu a entrada dos xudeus en Xerusalén, e construíu unha nova colonia romana, Aelia Capitolina, sobre os restos da antiga cidade.

No ocaso da guerra, o emperador consolidou as vellas unidades políticas de Xudea, Galilea e Samaria na nova provincia Syria Palaestina, o que se interpretou como un intento de eliminar calquera asociación con Xudea.[10][11][12]

Segundo o arqueólogo israelí Yigael Yadin, Bar Kokhba tratou de resucitar a lingua hebrea e converteuna na lingua obrigatoria para os xudeus como parte da súa ideoloxía mesiánica. No libro A Roadmap to the Heavens: An Anthropological Study of Hegemony among Priests, Sages, and Laymen (Judaism and Jewish Life) de Sigalit Ben-Zion, Yadin remarca: "semella que este cambio veu como resultado da orde dada por Bar Kokhba, que quería revivir a lingua hebrea e convertela na lingua oficial do estado."

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads