Sinal Wow!
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O sinal Wow! é o nome polo que se coñece o sinal de radiofrecuencia detectado por Jerry R. Ehman o 15 de agosto de 1977, mentres estaba a traballar no proxecto SETI no radiotelescopio do Radio Observatorio da Universidade do Estado de Ohio, daquela localizado no observatorio Perkins da Universidade Wesleyana de Ohio.[1]


O sinal tiña as marcas que indicaban a súa orixe non terrestre e de fóra do Sistema Solar. Durou polo menos os 72 segundos que o Big Ear foi quen de captalo, mais non volveu ser detectado de novo. Dende aquela, o sinal foi suxeito de atención dos medios.
O sinal coñécese como Wow por mor da anotación que Jerry Ehman fixo no papel no que escribiu a secuencia, denotando o seu abraio e emoción. A súa secuencia foi: 6EQUJ5.
Remove ads
Hipóteses
Un estudo recente utilizando datos do observatorio de Arecibo propuxo unha explicación natural para o sinal. Detectáronse catro sinais procedentes de nubes de hidróxeno frío preto da estrela de Teegarden, similares ao sinal Wow! pero moito menos intensos. A hipótese suxire que estes sinais poderían ser emisións máser transitorias, relacionados con laparadas de magnetars ou repetidores de raios gamma suaves (SGR), que interactúan con nebulosas interestelares. Esta interacción podería amplificar a súa intensidade, explicando a súa prolongada duración. Estas observacións apuntan a unha causa excepcional pero natural, afastando a posibilidade de que teñan orixe en civilizacións extraterrestres.[2][3]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
