Sinaloa
estado de México From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Sinaloa, oficialmente chamado Estado Libre y Soberano de Sinaloa, é un dos trinta e un estados que, xunto coa Cidade de México, forman os Estados Unidos Mexicanos. A súa capital e cidade máis poboada é Culiacán Rosales.
Está situado na rexión noroeste do país, limitando ao norte con Sonora e Chihuahua, ao leste con Durango, ao sur con Nayarit e ao oeste co golfo de California ou mar de Cortés (océano Pacífico). Foi fundado o 14 de outubro de 1830.
É o estado agrícola máis importante da Federación, o que fixo que se alcumase como «o graneiro de México».[1][2] Adicionalmente, conta coa segunda frota pesqueira máis grande do país.
Culturalmente, é coñecido a nivel nacional e incluso mundial pola súa música típica, a Banda ou Tambora. A Ulama, versión rexional do xogo de pelota prehispánico, practícase aínda no estado.
Divídese en 18 municipios. A súa capital é Culiacán. Outras localidades importantes son Mazatlán, Los Mochis, Guasave, Guamúchil, Escuinapa, El Fuerte, Sinaloa de Leyva, El Rosario, San Ignacio de Piaxtla e Choix.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads