Sirenoideos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A dos sirenoideos (Sirenoidea)[1] son unha pequena suborde (para algúns autores un clado) de anfibios caudados que comprende tan só catro especies reunidas nuha única familia, a dos sirénidos (Sirenidae), e repartidas en dous xéneros con dúas especies cada un, que vive no sueste dos Estados Unidos e o nordeste de México.[2]


Remove ads
Características
Exhiben corpos alongados adaptados a unha vida completamente acuática, carecen de dentes pedicelados, extremidades reducidas (carecendo das posteriores) e pedomorfismo, ao reter as branquias na etapa adulta, o sistema da liña lateral e unha alimentación por succión (aínda que posúen unha mandíbula móbil).[3]
Taxonomía
Unha posición sistemática dubidosa
Os primeiros estudos moleculares situaban este taxon como o grupo irmán das salamántigas (e por iso algúns autores inclúeno na suborde dos salamandroideos), pero análises posteriores de secuencias de xenes nucleares suxerían o clado Cryptobranchoidea (Cryptobranchidae e Hynobiidae) como o máis basal.[4][5][6]
Por outra parte, Zhang & Wake (2009) volveron situar os Sirenidae de acordo coa posición dos primeiros estudos, confirmando, ademais, o clado conformado por aqueles grupos con fecundación interna, polo que a fecundación externa (presente en Sirenidae, Cryptobranchidae e Hynobiidae) sería un carácter plesiomórfico.[7]
Descrición
Esta nova suborde foi descrita en 2005 polo herpetólogo francés Alain Dubois.
Clasificación
Suborde Sirenoidea
- Familia Sirenidae
- Xénero Pseudobranchus
- Pseudobranchus axanthus
- Pseudobranchus striatus
- Xénero Siren
- Siren intermedia
- Siren lacertina
- Xénero Pseudobranchus
Filoxenia
As relacións filoxenéticas entre os xéneros e as especies da familia dos sirénidos son as seguintes:
O Cladograma está baseado en Moler & Kezer (1993) e Frost et al. (2006).[5][8]
Sirenidae |
| ||||||||||||||||||
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads