Sirinxe
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A sirinxe (do grego σύριγξ, 'frauta de Pan') é o órgano vocal das aves. Está localizado na base da traquea da ave. Produce sons sen ter cordas vocais como as dos mamíferos.[1] O son prodúcese por vibracións de parte ou de toda a membrana timpaniforme (as paredes da sirinxe) e do pessulus (un cartilaxe), causadas polo fluxo de aire a través da sirinxe. Isto establece un sistema autooscilante que modula o fluxo de aire creando o son. Os músculos modulan o son cambiando a tensión das membranas e as aberturas bronquiais.[2] A sirinxe permite que algunhas especies de aves (como papagaios, corvos e mainás) imiten a fala humana. A diferenza da larinxe dos mamíferos, a sirinxe está localizada na zona onde a traquea se bifurca para que os bronquios entren nos pulmóns. Así, é posible a lateralización do canto das aves e algunhas aves canoras poden producir máis dun son á vez.[3] Algunhas especies de aves como os voitres catártidos, carecen de sirinxe e comunícanse por medio de bufidos guturais.

1: últimos aneis traqueais cartilaxinosos libres, 2: tímpano, 3: primeiro grupo de aneis da sirinxe, 4: pessulus, 5: membrana timpaniforme lateral, 6: membrana timpaniforme medial, 7: segundo grupo de aneis da sirinxe, 8: bronquio principal, 9: cartilaxe bronquial

Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads