Sitta pygmaea
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Sitta pygmaea,[2] é unha especie de ave paseriforme da familia Sittidae nativa de América do Norte.
Remove ads
Distribución e hábitat
Distribúese desde o sur da Columbia Británica a través de varias rexións descontinuas do oeste dos Estados Unidos ata o centro de México. Encóntrase xeralmente en bosques de piñeiros (especialmente Pinus ponderosa), abetos de Douglas e outras coníferas. Gabea acrobaticamente pola follaxe destas árbores, alimentándose de insectos e sementes: con menor frecuencia arrástrase ao longo das pólas ou troncos como as agatuñadeiras máis grandes.
Remove ads
Comportamento
Aniñan en cavidades de troncos mortos de coníferas, recobren a parte inferior da cavidade con escamas de piñas de piñeiro e outros materiais de orixe vexetal ou animal suaves. Pode encher as gretas ou fendas arredor da entrada con pelame, a función deste comportamento é desconocida. A femia pon de 4 a 9 ovos, que son de cor branca con finas manchas de cor marrón avermellado. Ela fai a maior parte da incubación, que dura uns 16 días. Os pitiños deixan o niño uns 22 días despois da eclosión.
Esta especie é moi gregaria. Unha parella que está nidificando pode ter outras aves como axudantes Fóra da tempada de cría, esta ave paséase en bandadas ruidosas. Tamén se refuxia comunalmente, e téñense visto máis de cen aves agochadas nunha soa cavidade dunha árbore.
Remove ads
Descrición
Mide arredor de 10 cm de lonxitude e 10 gramos de peso. Todas as plumaxes son similares, coa parte superior da cabeza agrisada, partes superiores do corpo de cor gris azulada e partes inferiores abrancazadas. As vocalizaciones son renxidos moi variados, píos e paroleos. Esta especie é moi similar a Sitta pusilla do sueste dos Estados Unidos, pero as súas áreas de distribución non teñen ningunha superposición.
Subespecies
Recoñécense seis subespecies:[3]
- Sitta pygmaea brunnescens R. A. Norris, 1958
- Sitta pygmaea elii A. R. Phillips, 1986
- Sitta pygmaea flavinucha van Rossem, 1939
- Sitta pygmaea leuconucha Anthony, 1889
- Sitta pygmaea melanotis van Rossem, 1929
- Sitta pygmaea pygmaea Vigors, 1839
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads