SloMo

canción de Chanel From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

«SloMo» é unha canción da cantante española Chanel. Foi publicada o 21 de decembro de 2021 baixo o selo de BMG Spain.[1] Foi elixida para representar a España no Festival da Canción de Eurovisión 2022 na final do Benidorm Fest 2022.[2][3]

Máis información "", Sinxelo de Chanel ...
Datos rápidos «», Canción do Festival de Eurovisión 2022 ...
Remove ads

Eurovisión 2022

O 10 de decembro de 2021 anunciouse que Chanel participaría con "SloMo" na vindeira edición inaugural do Benidorm Fest, festival de música utilizado como proceso de selección do representante español para o Festival da Canción de Eurovisión.[4] O sinxelo foi lanzado en formato de descarga dixital o 24 de decembro de 2021 e presentouse en directo durante a primeira semifinal do Benidorm Fest o 26 de xaneiro de 2022, na que Chanel obtivo a puntuación máis alta da noite tanto de xurados como de televoto.[5] Tamén obtivo o maior número de puntos na gran final do 29 de xaneiro. Deste xeito, a canción foi seleccionada para representar a España no Festival de Eurovisión 2022.[2][6] Ademais, como España é membro do "Big Five", a proposta avanzou automaticamente á final, que se celebrará o 14 de maio de 2021 no Palasport Olimpico de Turín, Italia.

Remove ads

Formatos

Máis información Descarga dixital, N.º ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads