Small Faces

From Wikipedia, the free encyclopedia

Small Faces
Remove ads

Small Faces foi unha banda inglesa de rock fundada en 1965 en East London e fortemente influenciada polo rhythm and blues estadounidense. Orixinalmente o grupo estaba formado por Steve Marriott, Ronnie Lane, Kenney Jones e Jimmy Winston, substituíndo Ian McLagan a Winston como teclista en 1966.[1] A banda foi un dos grupos mod máis aclamados e influentes dos anos 60,[2][3] gravando exitosas cancións como "Itchycoo Park", "Lazy Sunday", "All or Nothing" e "Tin Soldier", así como o seu disco conceptual Ogdens' Nut Gone Flake. Small Faces converteuse nunha das bandas psicodélicas máis exitosas do Reino Unido antes de separarse en 1969.[4][5]

Datos rápidos Obra, Datas ...

Cando Marriott marchou para formar Humble Pie, os outros tres membros colaboraron con Ronnie Wood, o seu irmáns maior Art Wood, Rod Stewart e Kim Gardner, continuando brevemente co nome Quiet Melon, e posteriormente, tras a marcha de Art Wood e Gardner, como Faces.[6][7] En América do Norte, o disco de estrea de Faces foi acreditado a Small Faces.

Tras a ruptura de Faces e Humble Pie en 1975, reformouse a formación clásica de Small Faces (formada por Marriott, Lane, McLagan e Jones) despois de que unha reedición de "Itchycoo Park" se convertese nun éxito.[8] Lane marchou pouco despois, e foi substituído por Rick Wills (posteriormente en Foreigner). Esta formación (bautizada como Mk-II por Marriott)[9] gravou o álbum Playmates antes de recrutar a Jimmy McCulloch. Este quinteto publicou só 78 in the Shade antes de separarse.

Small Faces é considerada unha das primeiras inspiracións do posterior movemento Britpop.[10] Foron incluídos no Rock and Roll Hall of Fame en 2012.

Remove ads

Discografía

Álbums

Máis información Álbum, Ano ...

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads