Soft Cell
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Soft Cell foi un dúo inglés de synthpop que se fixo famoso a comezos dos anos 80. Está composto polo vocalista Marc Almond e o instrumentista David Ball. O grupo é coñecido principalmente pola súa versión de 1981 do tema "Tainted Love" (que foi número 8 nos Estados Unidos, e polo seu álbum de estrea do mesmo ano Non-Stop Erotic Cabaret.
No Reino Unido tiveron dez éxitos Top 40, incluídos "Tainted Love" (nº 1), "Torch" (nº 2), "Say Hello, Wave Goodbye" (nº 3), "What!" (nº 3) e "Bedsitter" (nº 4), ademais de ter catro álbums no Top 20 entre 1981 e 1984. En 1984 Soft Cell separouse, pero reformaríase de 2001 a 2004 para xirar e gravar novo material, publicando o seu quinto álbum, Cruelty Without Beauty, en 2002.
Cancións de Soft Cell foron versionadas por varios artistas, como Nine Inch Nails, David Gray, Nouvelle Vague, Marilyn Manson ou A-ha. O seu tema "Memorabilia" foi recoñecida como un pioneiro do techno de sintetizadores. O dúo vendeu ao redor de 10 millóns de discos en todo o mundo.
Remove ads
Discografía
Véxase tamén
Ligazóns externas
- [ Páxina oficial]
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads