Soledad Becerril

política española From Wikipedia, the free encyclopedia

Soledad Becerril
Remove ads

María Soledad Becerril Bustamante Marquesa consorte de Salvatierra, nada en Madrid o 16 de agosto de 1944, é unha política (UCD e PP) e profesora española. En 1981 foi nomeada ministra de Cultura, converténdose na primeira muller que ocupou unha carteira ministerial dende a Segunda República. En 2012 foi tamén a primeira muller que ocupou o cargo de defensora do Pobo.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Soledad Becerril é filla de Enrique Becerril y Antón-Miralles e da súa dona, María Bustamante y Polo de Bernabé. É a máis nova de catro irmáns.

Licenciada en Filosofía e Letras, especializada en filoloxía inglesa pola Universidade de Madrid, completou os seus estudos na Universidade Columbia. Foi profesora na Universidade de Sevilla. Fundou en Sevilla a revista de información andaluza La Ilustración Regional, da que foi conselleira delegada. En 1974, ingresou na Federación de Partidos Demócratas y Liberales, integrándose despois no Partido Demócrata de Andalucía que posteriormente se integrou na Unión de Centro Democrático. Foi elixida deputada nas eleccións xerais de 1977 pola UCD. Nas cuart, quinta e sexta lexislaturas foi elixida deputada polo Partido Popular. Formou parte da comisión encargada de redactar o Estatuto de Autonomía de Andalucía.

Durante a primeira lexislatura foi nomeada por Leopoldo Calvo-Sotelo ministra de Cultura en decembro de 1981, sendo a primeira muller que accedeu ao Consello de Ministros dende a Segunda República, cando foran Federica Montseny e, xa no exilio, Victoria Kent. Permaneceu no cargo ata decembro de 1982, cando tomou posesión o primeiro goberno de Felipe González.

Foi alcaldesa de Sevilla dende 1995 a 1999 e en 2004 foi elixida senadora pola provincia de Sevilla e en 2008, deputada pola circunscrición electoral de Sevilla.

O 29 de xuño de 2012 foi designada para o cargo de defensora do pobo, sendo a primeira muller escollida para este posto.[1] En xuño de 2017 anunciou a súa renuncia tras cinco anos no cargo, que se fixo efectiva o 21 de xullo.[2]

Remove ads

Cargos desempeñados

  • Deputada por Sevilla no Congreso dos Deputados (1977-1982).
  • Ministra de Cultura de España (1981-1982).
  • Deputada por Sevilla no Congreso dos Deputados (1989-1996).
  • Tenente de alcade de Sevilla (1991-1995).
  • Alcaldesa de Sevilla (1995-1999).
  • Deputada por Sevilla no Congreso dos Deputados (2000-2004).
  • Vicepresidenta terceira do Congreso dos Deputados (2000-2004).
  • Senadora por Sevilla (2004-2008).
  • Deputada por Sevilla no Congreso dos Deputados (2008-2011).
  • Defensora do Pobo de España (2012-2017).
Remove ads

Distincións honoríficas

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads