Sombreiro
prenda de vestir que se coloca na cabeza From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Un sombreiro ou chapeu é unha peza de vestir que se utiliza especificamente para cubrir a cabeza, xa sexa do sol ou do frío.

Historia e orixes
Os primeiros sombreiros teñen as súas orixes nos imperios antigos; no Antigo Exipto xa se utilizaban diversos tipos de tocados, pero un dos máis recoñecidos antecedentes deste accesorio foi o gorro frigio, un sombreiro de orixe frigio que foi utilizado polos gregos para simbolizar que todo aquel que o portase era un escravo ao que se lle outorgou a súa liberdade. En Grecia tamén xurdiron o píleo (Pilleus) e o pétaso (Petasus), sendo o petaso o primeiro sombreiro que tiña á.[1]
O sombreiro xorde como unha necesidade para protexerse do sol e da choiva, principalmente entre o campesiñado. Os primeiros sombreiros eran fabricados principalmente de feltro e de la.
En tempos de Carlos VI de Francia comezaron a usarse sombreiros no campo. No de Carlos VIII introduciuse o seu uso nas cidades pero tan só en tempo de choiva. No reinado de Lois XI xa se xeneralizaron máis e levaban en todo tempo estendéndose o seu uso ás nacións veciñas.
Máis adiante, o uso do chapeu foi xeneralizándose variando a forma segundo a época. A principios do século XX usábase comunmente en todo o mundo civilizado. O seu uso atópase en retroceso desde entón, transformando a súa utilidade dunha funcional a un accesorio de moda.
Remove ads
Partes
Un sombreiro pode constar ou non dos seguintes elementos.[2]
- Coroa ou copa: É a parte superior do sombreiro que se adapta á forma do cranio, limitando a súa circunferencia. Esta pode ter diferentes formas, regularmente redonda, cónica ou truncada.
- Bordo ou á: Consta dunha superficie que percorre a circunferencia do sombreiro. Cumpre a función de protexer ao que o porta dos raios solares. O termo á tamén é aplicado á parte lateral dalgúns chapeus como o chullo e o ushanka, que ten a finalidade de protexer ou cubrir as orellas do frío.
- Banda suave: É a parte interna do chapeu, habitualmente coñecida como badana[3]. Está feita de materiais suaves que entra en contacto directo co cranio e que ten a finalidade de axustar correctamente o sombriro á cabeza e deter a suor.
- Banda, touca ou cinto: É a cinta ou adorno que se coloca ao redor da copa, entre a coroa e o bordo. Serve para darlle forma ao sombreiro, evitando que se ensanche ou como simple ornato.
- Viseira ou á frontal: É a superficie frontal de certos tipos de sombreiros que serve para bloquear os raios solares. É un elemento común nas gorras.
- Barboqueixo ou barbiqueixo - Cinta para suxeitar o sombreiro que se pasa por debaixo do queixo, especialmente para cascos e similares.
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads