Somerville College
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Somerville College é un dos colleges que constitúen a Universidade de Oxford, e está situado en Woodstock Road, Oxford, Inglaterra. O college foi fundado en 1879 co nome de "Somerville Hall"[1] e naceu como un centro exclusivamente feminino; e non foi até 1994, que comezou a admitir homes.[2]
Remove ads
Historia
Na orixe da facultade, en 1878, aparecen persoas vencelladas ao Partido Liberal e a activista Mary Ward que pretenden a creación da primeira universidade non confesional para mulleres a diferenza da anglicana, Lady Margaret Hall, que se abriu tamén en 1879.[3] En febreiro de 1879, ábrese Somerville Hall, que leva ese nome, proposto por Mary Ward, en honor da científica, escritora e activista Mary Somerville.[4] No primeiro curso, tiña 12 estudantes, mais non se lle permitía asistir ás clases ordinarias nin recibir titulación.
A facultade ten unha excelente reputación e unha excelente satisfacción dos estudantes entre as universidades de Oxford. Somerville é coñecida pola súa atmosfera agradable e liberal, a súa arquitectura variada e o seu excelente salón.
En 2017, Somerville contaba cun financiamento de aproximadamente £ 73,4 millóns de libras.[5] O Somerville College ten unha das mellores coleccións de libros de Oxford e a súa biblioteca conta con preto de 120.000 fichas.[1]
Remove ads
Alumnos famosos

Entre as súas alumnas, aparecen 2 primeiras ministras, a única muller británica en obter un premio Nobel de Ciencia[1] e moitas outras mulleres relevantes como:
- Margaret Thatcher
- Indira Gāndhi
- Dorothy Crowfoot Hodgkin
- Penelope Fitzgerald
- Irish Murdoch
- Barbara Ward
- Jane Gould
- Penelope Fitzgerald
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads