Spring Breakers
filme de 2013 dirixido por Harmony Korine From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Spring Breakers é unha película estadounidense de 2013 dirixida e escrita por Harmony Korine, protagonizada por James Franco, Selena Gomez, Vanessa Hudgens, Ashley Benson, Rachel Korine, e Gucci Mane. A película conta a historia de catro mozas universitarias que deciden roubar un restaurante de comida rápida co fin de pagar as súas vacacións de primavera.[1]
Remove ads
A película foi seleccionada para competir polo León de Ouro no Festival Internacional de Cine de Venecia de 2012.[2]
Remove ads
Sinopse
Catro estudantes de universidade chamadas Faith (Selena Gomez), Brit (Ashley Benson), Candy (Vanessa Hudgens) e Cotty (Rachel Korine) queren xuntar cartos para a súa viaxe de vacacións de primavera asaltando un posto de comida rápida. Logo, durante unha noite de festa, as rapazas son arrestadas con cargos por drogas. Con resaca e vestidas só cos seus bikinis, comparecen ante un xuíz, pero son liberadas grazas a Alien (James Franco), un matón local traficante de armas e drogas que as toma baixo a súa proteción e as leva ás vacacións máis salvaxes da súa vida.
Remove ads
Elenco de actores

- James Franco como Alien.
- Selena Gomez como Faith.
- Vanessa Hudgens como Candy.
- Ashley Benson como Brit.
- Rachel Korine como Cotty.
- Heather Morris como Bess.
- Gucci Mane como Archie.
- Ash Lendzion como Forest.
- Sidney e Thurman Sewell/The ATL Twins como Xemelgos Narcotraficantes.
Remove ads
Produción
Segundo Harmony Korine, escribiu a película para «compensar» as súas propias vacacións de primavera, xa que se dedicou por completo ao skate, perdeuse no que el veu como unha oportunidade para «actividades hedonistas».[3] A formación orixinal para as protagonistas era Selena Gomez, Vanessa Hudgens e Emma Roberts.[4] Rachel Korine foi a primeira en confirmarse no proxecto.[1] Emma Roberts retirouse da filmación a mediados de 2012 debido a «diferenzas creativas que non podían ser resoltas».[5][6] O director Korine reuniu a propósito un grupo de actrices novas coñecidas cunha reputación similar á de Roberts en Hollywood.[7] A película filmouse entre marzo e abril de 2012 en e nos arredores de St. Petersburg, Florida.[3] Unha vista previa de tres minutos da película estreouse no Festival de Cine de Cannes 2012.[8] Confirmouse que Skrillex produciría a banda sonora da película.[9]
Recepción
A película recibiu críticas xeralmente positivas. A páxina de críticas Rotten Tomatoes dá unha puntuación "fresca" de 75% baseada nos comentarios de 75 críticos, cunha cualificación media de 6,4 sobre 10. O consenso do sitio reza así: "Spring Breakers mestura un punzante comentario social con bikini cheesecake e un desempeño virtuoso de James Franco".[10] En Metacritic, a película ten unha puntuación de 64 sobre 100, baseado nos comentarios de 18 críticos, o que indica "críticas xeralmente favorables".[11]
Remove ads
Premios e nomeamentos
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads