Stan Valckx

futbolista neerlandés From Wikipedia, the free encyclopedia

Stan Valckx
Remove ads

Stanislaus Henricus Christina Valckx, máis coñecido como Stan Valckx, nado en Arcen o 20 de outubro de 1963) é un exfutbolista neerlandés que xogaba como defensa central.[1]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Nacido na vila limburguesa de Arcen, comezou a súa carreira como futbolista no RKDEV, pasando na tempada 1982/83 ao VVV-Venlo, da segunda división neerlandesa. Militou nese equipo durante seis tempadas, as tres últimas na Eredivisie, á que o club ascendeu na campaña 1984/85.

En 1988 fichou polo PSV Eindhoven e ao pouco de chegar disputou co equipo de Brabante do Norte a Copa Intercontinental no Estadio Nacional de Tokyo, perdendo diante do Nacional de Montevideo na quenda de penaltis. Valckx foi fundamental na conquista de tres ligas e dúas Copas dos Países Baixos nos seguintes anos.

En 1992 deixou o seu país para xogar co Sporting de Portugal, equipo no que militou durante os seguintes dous anos. En outubro de 1994 volveu ao PSV, co que gañou outras dúas ligas e outra copa antes de retirarse en xuño de 2000, con case 37 anos de idade e con máis de 500 partidos oficiais no seu haber.

Selección nacional

Foi 20 veces internacional coa selección dos Países Baixos, coa que debutou o 26 de setembro de 1990 nun amigable contra Italia (0-0). Disputou coa selección neerlandesa o Mundial de 1994, no que xogou catro partidos, caendo nos cuartos de final a mans do posterior campión, o Brasil.

Trala retirada

Posteriormente foi durante anos director deportivo do PSV e máis tarde ocupou un posto semellante no Shanghai Shenhua FC da China e no Wisła Kraków de Polonia. En 2014 volveu ao VVV como asesor técnico.

Remove ads

Palmarés

PSV

  • Eredivisie (5): 1988/89, 1990/91, 1991/92, 1996/97, 1999/00.
  • Copa KNVB (3):: 1988/89, 1989/90, 1995/96.
  • Supercopa dos Países Baixos (3): 1996, 1997, 1998.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads