Sterna
xénero de aves From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Sterna é un xénero de aves acuáticas da orde dos caradriformes, suborde dos laros, que para moitos autores é o tipo da familia dos estérnidos. (Véxase máis abaixo "Nota taxonómica").


Hai anos adoitaba incluír especies de xéneros hoxe diferentes, pero estudos de secuenciación de ADN mitocondrial determinaron recentemente que esta agrupación era parafilética, polo que se separaron dela as especies dos xéneros Gelochelidon, Hydroprogne, Thalasseus, Sternula e Onychoprion.[6]
Comprende 13 especies coñecidas vulgarmente en galego como carráns,[7] e noutros idiomas con nomes equivalentes a andoriñas do mar, aves de tamaño mediano que se encontran nas rexións costeiras de case en todo o mundo.
Remove ads
Taxonomía
Descrición
O xénero foi descrito en 1758 por Linnaeus na 10ª edición do seu Systema Naturae.[5]
Etimoloxía
O nome científico Sterna, voz do xénero feminino, deriva probabelmente do termo escandinavo Tern vía o inglés, e latinizado como sterna, "andoriña do mar", desde, polo menos, o século VIII.[8] En latín clásico, esterna deriva do verbo esternere, "tenderse no chan", derivado do grego antigo στέρνον stérnon, "peito" (da que tamén procede o nome do óso esterno).[9]
Nota taxonómica
Sterna situábase anteriormente dentro da familia dos estérnidos pero actualmente (2019) sitúase dentro da familia dos láridos (como subfamilia dos esterninos) segundo o Congreso Ornitolóxico Internacional (IOC),[10] e outras bases de datos e autores.[11][12][13]
Especies
Desde 2005 recoñécense dentro do xénero as seguintes trece especies:[6][14]
- Sterna acuticauda J. E. Gray, 1831
- Sterna aurantia J. E. Gray, 183
- Sterna dougallii Montagu, 1813
- Sterna forsteri Nuttall, 1834
- Sterna hirundinacea Lesson, 1831
- Sterna hirundo Linnaeus, 1758
- Sterna paradisaea Pontoppidan, 1763
- Sterna repressa Hartert, 1916
- Sterna striata Gmelin, 1789
- Sterna sumatrana Raffles, 1822
- Sterna trudeaui Audubon, 1838
- Sterna virgata Cabanis, 1875
- Sterna vittata Gmelin, 1789
Remove ads
En Galicia
En Galicia pódense ver as especies: Sterna dougalli, S. hirundo, S. paradisaea.[3]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads