Steve Irwin
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Stephen Robert "Steve" Irwin, nado o 22 de febreiro de 1962, e finado o 4 de setembro de 2006, alcumado "O cazador de crocodilos", era un experto da natureza australiano e personalidade televisiva. Irwin conseguiu a fama mundialmente grazas á serie televisiva The Crocodile Hunter, un documental emitido internacionalmente sobre a vida salvaxe, co-presentado coa súa muller Terri. Xuntos, a parella posuía e xestionaba o Zoo de Australia, fundado polos pais de Irwin en Beerwah, uns 80 quilómetros ó norte da capital do estado de Queensland, Brisbane.
Irwin morreu o 4 de setembro de 2006 despois de ser apuñalado no peito polo aguillón dunha raia mentres filmaba un filme documental submarino titulado Ocean's Deadliest. A Sociedade de Conservación Sea Sheperd chamou ó barco MY Steve Irwin na súa honra.
Remove ads
Véxase tamén
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Steve Irwin ![]() |
Ligazóns externas
- Steve Irwin na IMDb (en inglés).
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads